A Xunta considera insuficientes 22 testemuñas contra Construcuatro
"Tivemos que facer a entrega nunha cafetería do diñeiro negro nunha bolsa de plástico". A frase forma parte dun dos 22 testemuños dos afectados polos sobreprezos pagados a Construcuatro, a empresa do presidente local do PP de Pontevedra, Telmo Martín, para conseguir vivendas de protección autonómica en Vigo. Un tras outro, os propietarios relatan como adquiriron a vivenda e como, no último momento, intermediarios da promotora esixiron cantidades adicionais a cambio de melloras que nunca foron executadas.
As declaracións foron realizadas entre o 24 e o 27 de setembro de 2007 na delegación da Xunta en Vigo, nas dilixencias previas abertas de oficio ao ter coñecemento da denuncia xudicial presentada por un grupo de propietarios. Os testemuños son concluíntes. Todos os citados, compradores de vivendas protexidas no número 25 da rúa Teixugueiras, no polígono de San Paio de Navia, tiveron que pagar sobreprezos en diñeiro negro para non quedar sen os seus pisos.
O expediente que abriu a antiga Consellería de Vivenda reactivouse despois do auto de arquivo da causa que ditou a Audiencia Provincial de Pontevedra, que recoñece o cobro de sobreprezos pero non ve condutas delituosas, por considerar que non mediou violencia, ameaza ou engano. A pesar da contundencia das declaracións e o avanzado do expediente, que contemplaba unha inhabilitación para construír vivenda de protección, unha multa dun millón de euros e a devolución dos sobreprezos, a Xunta decidiu solicitar novas probas. A responsabilidade de aplicar as sancións depende agora da Consellería de Medio Ambiente, que dirixe de Agustín Hernández, amigo persoal de Telmo Martín. A oposición acúsalle de aprazar o expediente ata logo das municipais, nas que Martín aspira á alcaldía de Pontevedra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario