Para non perder clientes as axencias de rating daban a mellor cualificación aos títulos con independencia do risco das hipotecas, a propósito de que se unha non o facía habían outras dispostas a facelo. No caso español dise que bancos e caixas, ao non poder sacar de balance as titulizacións, foron máis cautos na concesión de hipotecas pois seguían mantendo a maioría do risco hipotecario. A evolución do cociente do prezo medio da vivenda sobre a renda familiar dispoñible desmente esta hipótese. Historicamente este cociente en España situábase ao redor de 3,5-4. En EE.UU., o valor foi 4 ata o ano 2000 para subir ata 5,2 no pico da burbulla. En España o cociente alcanzou o valor 7,1 no ano 2007.
venres, 15 de outubro de 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario