mércores, 17 de novembro de 2010

A CORRUPCIÓN SE ESTANCA EN ESPAÑA POLA PICADA DA BURBULLA INMOBILIARIA

A apertura de moitas investigacións para depurar responsabilidades fai que pare o incremento dos últimos cinco anos

A corrupción de políticos e funcionarios estancouse en España, logo de cinco anos de incremento, debido ao menor investimento inmobiliario pola picada da burbulla urbanística e á apertura de numerosas investigacións para depurar responsabilidades nese sector. Esta é a conclusión que se desprende do Índice de Percepción da Corrupción 2010 elaborado por Transparencia Internacional (TI), que mide o grao de corrupción que as empresas e expertos atisban no sector público de 178 países.
Segundo o presidente da organización en España, Jesús Lizcano, España mantivo este ano a nota cultivada no exercicio anterior (6,1 puntos) debido á crise económica, que fixo que exista "menos diñeiro dispoñible e menos investimento no sector inmobiliario". Lizcano destaca no Mapa Mundial de Corrupción, que os países que aparecen en vermello son os máis corruptos pero que a tal corrupción contribúen as empresas de países desenvolvidos, que aparecen en amarelo e con menor índice de corrupción. TI leva a cabo tamén un índice de trasparencia nos concellos e está pechando outro sobre as comunidades autónomas.
O catedrático de Ciencia Política Manuel Villoria tamén explicou que nos últimos anos "dábanse todos os factores para que houbese corrupción urbanística", especialmente no sector público local. "Había un monopolio dos gobernos municipais e especialmente dos alcaldes, había discrecionalidade, poucos controis e moito diñeiro, o que facía desas circunstancias un cóctel explosivo", dixo Villoria, que engadiu que na actualidade a corrupción minguou pola falta de liquidez, o aumento da supervisión e a menor capacidade dos alcaldes para aprobar convenios.
Villoría citou a percepción do Eurobarómetro da Unión Europea de 2009: o 75% cría que no seu país había corrupción: en España elevábase ao 89% a porcentaxe, porcentaxe similar ao de quen consideraban que hai corrupción nos concellos. "Só o Corpo Nacional de Policía contabiliza 750 investigacións con políticos implicados; 1.000 persoas implicadas e máis de 3.000 millóns de euros incautados en casos en casos de corrupción", anotou Villoria vai tomar parte nunha investigación que financia a Unión Europea para avaliar a calidade da democracia en 27 países: empezarán por analizar os medios de comunicación.
Na presentación do índice, o xurista Antonio Garrigues Walker denunciou que España non ten en conta a importancia de este e outros índices, como o da innovación, a pesar de que hai ferramentas para que os investidores decidan se apostar ou non por un país.

Ningún comentario: