
Non é un xeito directo de saber o que faría Mariano Rajoy en España, se gobernase, xa que na entrevista non se mostra moi explícito que digamos, pero si de intuír os seus pasos. Por certo, no que pode ir avanzando Rajoy é en darlle instrucións aos seus presidentes autonómicos para que apliquen outras medidas de Cameron, como deixar sen coches oficiais aos membros do Goberno e prohibir aos funcionarios viaxar en primeira clase.
O máis concreto que di Rajoy é que hai que axudar a quen poden xerar riqueza e postos de traballo -léase empresas e autónomos-, reducir o déficit público e a débeda pública, finalizar o proceso de reestruturación das caixas de aforros -léase privatizalas- e facer un pacto enerxético con sacrificios de todos, suponse que tamén das empresas produtoras e distribuidoras, algo que insinúa pero non concreta. O aspirante a relevar a Zapatero na Moncloa fala de reformas estruturais de xeito xenérico e o máis ostensible que di é que sobran empresas públicas e fundacións de interese público. Pode ser verdade, pero con iso pouco se avanzará en España. En definitiva, Mariano Rajoy en estado puro.
Digamos que falamos do PP...
Ningún comentario:
Publicar un comentario