
Con todo, a súa resposta é nebulosa. "Debo gañar", contesta Rajoy , que comete un delicioso erro gramatical: dito así, implica obrigación ("pois eu estou obrigado a gañar..."), cando o que parece querer contestar é que "debe de gañar...", é dicir, que probablemente gañe iso, pero que non o sabe con exactitude. Nós tampouco o sabemos porque os soldos dos partidos son opacos, aínda que se financien con diñeiro público que pagamos a escote todos os contribuíntes. Pero se poden facer algunhas contas.
Dependendo do número de pagas ao ano e de canto sexa o "bastantes máis", Rajoy cobra do PP entre 130.000 e 180.000 euros brutos anuais. Parece lóxico que a cifra real estea pola parte alta da pinza, pois De Cospedal, a súa segunda no partido, cobra do PP 167.865 euros anuais. Sumado ao seu salario de deputado, e tamén ao que poida gañar como patrón da FAES- unha actividade que revela como remunerada na súa declaración de actividades do Congreso-, sae un soldo redondo que non ten nada que envexar ao cuarto de millón de euros anuais que cobra De Cospedal. Así que xa ven que drama: se algunha vez Rajoy chega a ser presidente do Goberno (78.185 euros brutos anuais), o seu soldo baixaría á terceira parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario