
É unha receita vella: menos gasto social, menos investimento público, menos impostos indirectos, e máis impostos directos, e privatizacións para os amigos e para compensar a caixa a curto prazo; e para garantir con estas a nova dentada ao que é de todos por parte de certas elites empresariais, un perfecto quid prol quo do que o caso Gürtel non é senón a súa vertente máis desvergonzada e charramangueira.
Ese foi o discurso de Aznar e ese é o de Mariano Rajoy. Ata recupera o de medidas para xerar confianza. Pero, ¿confianza en quen?, en quen dispoñan de capital para comprar Renfe entre outros, desde logo; ou a explotación dos centros da Seguridade Social, ou as canles de televisión autonómicos...
De chegar ao Goberno, derrogaría (nas súas palabras, afirma que non se compromete a non facelo, que é o mesmo) a Lei que permitiu o matrimonio de persoas do mesmo sexo: en consecuencia, negaría un dereito esencial exercido xa por miles de españois.
De chegar ao goberno, faríao pensando na plena honradez de D. Francisco Camps, e do caso Gürtel, facendo caso omiso das evidencias. Un magnífico código ético.
Seguro que hoxe o entrevistado arrepíntese da entrevista...
Ningún comentario:
Publicar un comentario