venres, 14 de xaneiro de 2011

CARTA A MAFO

Estimado gobernador do aínda máis apreciado Banco de España, señor Miguel Anxo Fernández Ordóñez (MAFO para o sector). Sigo desde fai tempo as súas escoitadas recomendacións sobre como saír da crise. Teño xa claro que, na súa opinión, o único medicamento para sanar nosa doente economía pasa por tres tristes grolos de amargo ricino: o recorte do gasto público, o atraso da idade de xubilación e a moderación salarial. Coñezo a súa receita, pero me quedan tres dúbidas, unha por cada inevitable "reforma estrutural" que vostede propón.
A primeira, sobre o recorte do gasto público. ¿Refírese a eses 12.000 millóns de euros que o Estado xa prestou ás caixas a través do fondo de rescate? Si, xa sei que é diñeiro a devolver con intereses... salvo que algunha caixa crebe (deus ou os mercados non o queiran). Pero lle recordo que a supervisión desas caixas, hoxe tan necesitadas de diñeiro público, é da súa exclusiva competencia. E se chegamos a esta situación é, en gran medida, por culpa dunha burbulla inmobiliaria que o Banco de España puido e non quixo frear, segundo denunciou un recente informe da mismísima Comisión Europea.
A segunda dúbida, sobre o atraso da idade de xubilación. ¿Refírese aos máis de 15.000 traballadores das caixas que van ser prexubilados, mercé ao plan de fusións que vostede mesmo pilota á fronte do Banco de España? ¿Ou a culpa é dos obreiros da construción, que se xubilan, de media, dez anos máis tarde que o sector laboral que antes cobra a súa pensión: o dos empregados da banca?
E a miña terceira dúbida, sobre a moderación salarial, imprescindible para sacar do arroio a "un país que viviu por encima das súas posibilidades". ¿Refírese aos 165.000 euros anuais que vostede cobra?
Escolar.net

Ningún comentario: