domingo, 9 de xaneiro de 2011

GRAZAS ZAPATERO

Señoras e señores: con todos vostedes, o fabuloso Ibex 35. Telefónica: 8.835 millóns de euros de beneficios nos tres primeiros trimestres do nefasto 2010, un 65,6% máis. Banco Santander: 6.080 millóns de euros de beneficios, un 9,8% menos tras pechar un 2009 con marca. BBVA: 3.668 millóns, un 12,2% menos. Iberdrola: 2.069 millóns, un 2% máis. Repsol: 1.786 millóns, un 32,5% máis. Inditex: 1.179 millóns, un 42% máis? Hainas que gañan máis, hainas que gañan menos, pero o balance global é como para brindar con champaña. Aínda falta por contabilizar o último trimestre de 2010, pero ata setembro as empresas do Ibex 35 gañaron en total 38.156 millóns de euros, un 16,7% máis. A este ritmo, cando se peche 2010, os beneficios poida que alcancen os 50.000 millóns de euros.
¿E a crise, onde está? Bo, algo notaron, pero non porque teñan perdas, senón porque se embolsaron algo menos do habitual. No ano 2006, as 35 do Ibex gañaron 41.892 millóns de euros, un 27,4% máis que en 2005. En 2007, os beneficios seguiron subindo: 49.246 millóns de euros, un 14,88% máis. En 2008 chegou a primeira rebaixa tras cinco anos consecutivos de beneficios record, apenas un 6%. E en 2009 xa si se notou máis cunha caída nos beneficios do 26%, ata quedar nuns humildes 42.531 millóns de euros. Os beneficios das grandes empresas baixaron coa crise, pero os soldos dos altos directivos non pararon de crecer. No ano 2009 (o peor da crise) subiron un 16% máis. O soldo medio de cada un dos membros dos consellos do Ibex foi o ano pasado de 699.000 euros anuais; o dos altos executivos, de 2,7 millóns de euros.

Hai datos tan evidentes que non fai falta dicir máis. ¡¡Grazas!! ¡¡Moitas Grazas!! Zp.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Zapatero decepcionou, pero é pouco simplón botarlle a culpa de todo o sistema no que vivimos.

claudioataturk dixo...

El sistema no es otro que el que consentimos entre toda la sociedad de "caladiños" que componemos.
La admiración por los grandes, hagan lo que hagan, y la crítica al que intenta romper, si es pequeño, envilece nuestra forma de actuar.
Como ejemplo los aplausos a Gayoso y su consejo, subiendose el sueldo mientras a los demás, gracias en gran parte a ellos nos lo bajan para ayudar en sus desmanes.
Non chove, mesan por nos.
Saludos.
Ataturk.