domingo, 16 de xaneiro de 2011

PRIVILEXIOS DAS SÚAS SEÑORIAS

Recordarán que, desde fai algún tempo, a deputada Rosa Díez pide aos seus compañeiros do Congreso e do Senado un exercicio de responsabilidade para revisar o privilexiado sistema de protección social do que gozan as súas señorías. Con dúas lexislaturas, que se hai eleccións anticipadas non chegan aos oito anos, deputados e senadores garántense a pensión máxima de xubilación, algo que o resto dos españois alcanzan tras trinta ou corenta anos de vida laboral.
Pois ben: a proposta de Rosa Díez recibiu a resposta do letrado maior das Cortes Xerais, que lle di que a situación de deputados e senadores "non é comparable á do conxunto dos cidadáns xa que son representantes do pobo español". A verdade é que ese argumento enténdese mal:
representan ao pobo español e a súa situación non é comparable á do resto dos cidadáns. ¿Que son os parlamentarios? ¿Cidadáns de primeira? ¿Señores con privilexios ao estilo dos controladores aéreos? ¿Persoas tocadas pola man dos deuses? ¿Extraterrestres? ¿Marcianos? Nin sequera entramos nos casos de moitos parlamentarios que non dan un pau ao auga, que non interveñen na cámara e que só asisten ás sesións cando o seu voto é necesario e o partido esíxelles a súa presenza coma se fosen colexiais díscolos.
No ano 2006, as cámaras acordaron por unanimidade (que nestes asuntos non hai discrepancias) o actual réxime económico e social que afecta ás súas señorías. Pero desde entón, tal como predica o Goberno, moitas cousas cambiaron en España, e fixérono para peor. Cambios que obrigan a revisar a idade de xubilación, a conxelar pensións, a retirar os famosos 426 euros a quen non teñen dereito a prestación algunha por non cotizar ou por non habelo feito o tempo suficiente. Pero eses cambios, que afectan a todos os españois e sobre os que está aberto un debate moi complexo, son alleos ás súas señorías. E que non vingan coa milonga de que á clase política hai que respectala e prestixiarla, porque a sociedade non está para o labor. De feito, nas enquisas do CIS aparece a clase política como un dos problemas que máis preocupan aos españois. E eles, os políticos, os representantes do poboo soberano, sen decatarse.

Ningún comentario: