luns, 28 de marzo de 2011

OPORTUNIDADE TRAS O DESASTRE

O sufrimento da poboación xaponesa e a magnitude e aparatosidade dos danos provocados polos recentes sismos merecen toda a nosa compaixón e solidariedade, pero non deberían desviar a nosa atención do esencial.
Xapón é un país cunha elevada poboación humana e un elevadísimo consumo de materias primas e enerxía por habitante, moi por encima do que o territorio xaponés é capaz de soportar. E optou por unha estratexia que implica a captación crecente e desmesurada de recursos (a miúdo doutros países, por exemplo a madeira dos bosques tropicais de Indonesia) ou a xeración de enerxía nuclear que é, intrinsecamente, allea ao funcionamento da biosfera. Todo iso, nunha particular situación geofísica proclive a catástrofes como a ocorrida. En suma, Xapón non é senón unha representación exacerbada da situación conxunta do planeta Terra, onde (cos diferentes países pondo o acento nun ou outro dos factores mencionados) a humanidade está empeñada en bailar ao bordo do abismo.
Oxalá que o pobo xaponés, unha vez consiga, como o fará, recuperarse da catástrofe, utilice as súas admirables calidades para rectificar a súa traxectoria e demostrar ao mundo que é posible un desenvolvemento contido e en equilibrio co funcionamento dos sistemas biofísicos.

3 comentarios:

¿DONDE ESTA EL FISCAL? dixo...

A PINACOTECA=PELOTAZO

- Alguien compró unas ruinas en la Ferreria por 500.000 euros y nos lo vende (sin que nadie nos justifique convincentemente que compremos) por 1.575.000.

El Informe Económico del PEPRI dice que esas ruinas no valen más de 198.000 euros.

Pancho cervezas, asesor del Sr. Dominguez Olveira en el concello y a la vez socio del vendedor

Claudio Ataturk dixo...

El fiscal si lo denuncias en un escrito te contestará y si vé delito lo inmvestigará.
Prueba.
Saludos.
Ataturk.

¿DONDE ESTA EL FISCAL? dixo...

Ataturk, que no te quede ninguna duda que así va ser, con nombre, apellidos y DNI con los datos que tenemos en mano.

Directamente a la fiscalia.

Pero antes vamos calentar un poco el ambiente...

Saludos