
Hospitais sen acabar, xardíns sen arboledo, escolas sen dotación, piscinas municipais sen auga, aeroportos sen avións e ¡ata maquetas! A reacción a bote pronto é un sorriso cando non unha aberta gargallada, pero no fondo queda un regusto amargo ante o evidente menosprezo intelectual da maioría de políticos cara aos cidadáns. Tómannos literalmente por estúpidos. Queren captar o noso voto a cambio de catro abalorios.
Pero o peor de todo é que logo son votados, elixidos e ata aclamados. E encima somos os cidadáns os que pagamos a festa. É urxente que nolo fagamos mirar, como se di coloquialmente
Ningún comentario:
Publicar un comentario