sábado, 2 de abril de 2011

RESPLANDECE A VERDADE

Ves que cobra de novo actualidade. Naturalmente que o vello dito non ten nada que ver coa coñecida noticia de que "a conselleira de Sanidade gastou 850.000 euros en anuncios, durante o que vai de ano, para concienciar á sociedade de que hai que facer un uso responsable da sanidade".
Oitocentos cincuenta mil euros dan, segundo o meu médico favorito e primo de Rajoy, para mais dun millón de "pílulas" co que, se cadra, podíase aforrar esa lista da compra "retirada" polo Constitucional.
Por certo: a cifra non é a consecuencia dunha mentira repetida polos "malos" ou un intento desesperado dos de sempre por ocultar a realidade, senón a resposta por escrito do director xeral de Relacións Institucionais, a unha pregunta feita por escrito no Parlamento.
E é que a publicidade non é unha "verdade revelada" senón unha información con botafumeiro incluído nun mundo onde xa ninguén se chupa o dedo.
Como dona Pilar Farjas, que se pasa a xornada entre recortes nos centros hospitalarios e ao "autobombo" (que, ollo, non é tocar o bombo nun coche senón tocarnos a puñeta ao persoal co noso diñeiro e de aí vén o de "podido" e mallado) cre noutra verdade absoluta que vén de arriba (¡máis arriba que Alberto Núñez Feijóo!) e entende ese gasto publicitario como os diezmos e primicias de cota.
E iso non é nada -bo, case nada, aínda que se bastante chungo- aí teñen toda a enerxía empregada polo expresidente do Goberno José María Aznar, hoxe alto empregado de Endesa, usando como tarima publicitaria a fundación conservadora FAES para falar ben de quen lle paga e vender a súa mercancía.
E todo isto sen porse coloreado.
E xa postos a falar de cores ¿Que me contan das bolsas de plástico con billetes de cincocentos euros que se gardaban nun convento de monxas de clausura de Zaragoza?
¿Recórdalles -polo envoltorio e o contido- outros casos que nos puxeron coloreados? Aquí, tranquilos, é o produto da arte, o duro esforzo da monjita pintora que ¡ai! non se fía da banca.

Ningún comentario: