
É certo que as enerxías producidas polo vento, auga ou sol dependen destes elementos, polo que non son constantes, obrigando a dispor tamén de fontes non renovables, un argumento que aproveitan os defensores da nuclear. Agora ben, coa produción actual o noso país exporta un 30%, e vento, auga e sol son fontes que non teñen que coincidir a un tempo nos picos mínimos de produción. Sei que isto non resolve o outro atranco que representa o consumo de carburantes para o transporte de mercadoría por estrada.
Neste caso o coche familiar non soluciona a eiva causada polo esgotamento do petróleo, alén dos problemas ecolóxicos que causa. Compre unha maior utilización do tren e unha relación entre o lugar de produción e consumo máis racional, que evite os grandes desprazamentos baseados hoxe en razóns de lucro e poder. É importante o aforro enerxético, mediante unha xestión máis eficaz e un menor consumismo, máxime cando en poucas décadas o mundo terá unha poboación de varios miles de millóns de persoas máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario