luns, 18 de xullo de 2011

CAMPS, UN E TRINO

O avogado de Francisco Camps confesou este martes ante o xuíz que o seu cliente talvez -só talvez- puido recibir agasallos da Gürtel. É a primeira ocasión en que Camps admite que talvez mentiu; que "talvez" recibiu varias decenas de miles de euros en traxes dunha trama que, de paso, levou millóns en contratos a dedo da Generalitat. Segundo a súa defensa, tampouco hai que tomarllo a mal porque non foron subornos: porque Camps aceptounos como presidente do PP, e non como presidente da Generalitat.
A nova defensa legal do molt honorable Camps ten o seu aquel por tres razóns. A primeira: como estará de mal o xuízo para Camps cando o seu propio avogado recoñece implicitamente que o acusado é un político que "talvez" mentiu ante os cidadáns, ante as cortes valencianas e ante o mismísimo xuíz. Fai dous anos, o president testificou que os traxes pagounos do seu peto: unha declaración que ata o seu avogado hoxe admite que "talvez" é máis falsa que o código ético do PP.
A segunda: agora enténdese mellor que en Xénova dean por feito que Camps non será obrigado a dimitir, ata se é condenado por suborno. Digan o que digan os xulgados, para Rajoy dará igual. Por iso ponse a vénda desde xa.
E a terceira: ¿seica se biloca Francisco Camps?¿É un e trino? ¿É a intres presidente da Generalitat, a intres presidente do PP e a intres amante esposo e pai exemplar? Pregunto, retóricamente, porque de aceptar os tribunais tan teolóxica argumentación, o seguinte sería levar a Camps ante un bispo e un psicólogo. Entre ambos, "talvez" poidan explicar se é que estamos ante un milagre ou ante un caso de desdobramento de personalidade. I. Escolar.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

Bueno, mañana leeremos que Camps, al igual que su correligionaria, la alcaldesa de Alicante, afirmará que no hay nada malo en recibir un regalo por Navidad ¿Quién no lo hace? ¿no es el aguinaldo una tradicional costumbre patria? ¿un médico puede recibir una cesta de navidad y un político no puede ser obsequiado con un traje, teniendo en cuenta lo mucho que gastan en ropa?
Y no seais maledicentes, no es lo mismo mentir que olvidar. El Presidente de Valencia tiene muchas cosas en la cabeza y no se puede acordar de todo. Por un par de despistes no dimitirá. Total, si tampoco le han pedido responsabilidades por sus negocios con Calatrava, por el dinero enterrado en Terra Mítica, o por negocios tan boyantes como el Aeropuerto de Castellón ¿qué importan 4 o 5.000 o 15.000 eurillos de nada en 6 trajes?. La culpa de todo la tiene, como, otra vez, afirmó la alcaldesa alicantina, Rubalcaba, el fouché hispano que mueve todos los hilos. En España la derecha siempre ha entendido la política como algo patrimonial, nosotros robamos (no, mejor, la cartuja compensación oculta)porque para eso nos pertenece la cosa pública. En vez de ganar millones en nuestros negocios nos dedicamos a servir en la adminastración y por dos bobadas nos difaman ¿y lo que está perdiendo Camps por no dedicarse a la cosa privada? La envidia, otra antigua tradición nacional, como los aguinaldos.