venres, 9 de setembro de 2011

REFORMA NEOLIBERAL

O que parecía imposíble cando do que se trataba era de adaptar a Constitución á reforma dos estatutos catalán e vasco, que tiñan o apoio dunha maioría nos seus países, agora, vaise facer como quen toma un café expreso, segundo Salgado porque o piden os “mercados”, ou porque o esixe Merkel. É grave porque aínda que o final fixa porcentaxes de déficit, son para aplicar a partir de 2020, polo que resulta difícil crer que isto vaia a calmar os mercados.
Semella lóxico que se realice un referendo e que se debata con tempo e coñecendo todas as posturas. Porén ademais é importante que se trate o dereito de autodeterminación, ou sexa, que as nacións que integran o Estado, aquelas que como Galicia están abranguidas polo concepto de nacionalidades históricas, podan decidir o seu destino.
Se as modificacións constitucionais son sempre transcendentais, deben selo tamén agora cando o  Goberno quere dar un tinte neoliberal ao texto. Alén do que diga a Constitución, o déficit público vaise utilizar cando o que estea en perigo sexan os negocios das clases dominantes, do que se trata agora é de empregar o texto da reforma como unha panca máis para xustificar os recortes nas prestacións e servizos públicos. Por iso os mercados premen a prol da reforma. O bloque neoliberal reflíctese claramente, PSOE e PP van da man sen contradicións; xa que coinciden no estratéxico, para alén do debate das formas e das tácticas, diferencias que nalgúns temas teñen importancia

Ningún comentario: