domingo, 27 de novembro de 2011

AS RECEITAS QUE ESTUDA O PP


Sete das medidas que está analizando Mariano Rajoy para recortar entre 20.000 e 40.000 millóns e cumprir coa dieta milagre que esixe a artista antes coñecida como Europa (e que agora se chama Merkozy).
1. Impostos. Subida para a gasolina, para o tabaco, para o alcol... para empezar a falar. É probable que haxa tamén algunhas rebaixas -a famosa axuda a "os emprendedores"-, pero a suma global en calquera caso suporá máis impostos e máis recadación.
2. IVE único. É o imposto que máis pode crecer e a pista está no libro verde da Comisión Europea, que recomenda aumentar a recadación tendendo cara a un tipo único, o máximo, no canto dos tres que temos en España: normal (18%), reducido (8%) e superreducido (4%). Segundo a Comisión, se se sacan produtos dos tramos reducidos, a recadación do IVE podería crecer ata o 45%. A lista de sectores potencialmente afectados vai da hostalería ao transporte ou a enerxía. En Portugal fíxose xa co IVE da a electricidade e o gas, que pasou da taxa reducida do 6% á máxima do 23%.
3. Recortes aos funcionarios. Polo soldo e polas prazas. Ademais da segura redución no número de interinos, tamén se mira con atención unha fórmula que Portugal acaba de estrear: eliminar as pagas extras para os funcionarios (e pensionistas) que cobren máis de mil euros ao mes.
4. Rebaixa salarial. O PP chámao doutra forma: reforma laboral. Máis aló dos cambios nos contratos e o despedimento, a clave estará na eliminación dos convenios sectoriais e provinciais. Na práctica suporá que as empresas poderán negociar por separado rebaixas de soldos cos seus empregados con moita máis facilidade.
5. Copago non só sanitario. Ao uso das estradas para transporte de mercancías, ás receitas ou ás taxas universitarias, coa vista posta nun modelo de educación superior á americana onde os estudantes pagarían a crédito a súa formación.
6. Recorte do desemprego. Ou, máis ben, do número de persoas que o poderán cobrar. O PP planea endurecer os requisitos para acceder aos subsidios e entre as posibilidades que barallan para iso está perder a prestación se rexeitas un traballo ou un curso de formación. É algo que xa intentou Aznar (e que tivo que retirar porque lle custou unha folga xeral).
7. Un banco malo. Que o Estado cre un banco-vertedoiro que compre ao resto das entidades financeiras os activos tóxicos que lastran o seu balance (especialmente o chan). É unha das poucas medidas concretas que aparece no programa do PP. Os optimistas cren que, nuns anos, o banco malo podería vender o lixo sen perder un euro público. Os pesimistas temen que este rescate á banca poida saír por 60.000 millóns, o dobre do que agora se vai a recortar.

Ningún comentario: