mércores, 30 de novembro de 2011

O PSOE NECESITA XUBILAR A OS PERDEDORES

É a primeira ocasión que recoñeceu cometer erros José Luís Rodríguez Zapatero veu o que de que admitira moi tarde que estabamos -e vaia que o estabamos- afundidos na crise económica. Despois, terceiro recoñecemento de erros cometios, pero en plan de dúbida o de que "quizais" tardamos demasiado en picar a burbulla inmobiliaria e, finalmente, menos de 60 segundos no Comité Federal do sábado: admitiu erros de xestión da crise e de comunicación.
A continuación, a autojustificación: esta crise é moi complexa, non había folla de ruta para atacala, porque non sucedera nunca, e puxéronse os intereses de España por encima dos do partido.
O problema é que o descalabro é descomunal, que os socialistas agora teñen menos poder que nunca e que a súa marca está arrasada e a gran maioría dos votantes do país foxen dela despavoridos. E non é novo. Xa avisaban. Fixérono cada vez que tiveron oportunidade de ir ás urnas durante os dous últimos anos: Galicia, Cataluña, Eleccións Europeas, Eleccións Municipais e Autonómicas e, finalmente, eleccións Xerais. E ante este racho nin un só dirixente pediu desculpas nin perdón. Ninguén asumiu a derrota e a ninguén se lle pedido contas das súas responsabilidades. Aínda que seguramente hai un truco: unha gran parte dos membros do comité federal que se reunía quizais por última vez o pasado sábado son tamén perdedores. Nese comité sentanse decenas de persoas que perderon unha presidencia autonómica, un posto de deputado autonómico, unha alcaldía, unha presidencia ou un posto nunha deputación provincial ou unha concellaría e, finalmente, un escano no Congreso e no Senado. Os responsables locais e territoriais daquelas campañas perdedoras estaban tamén alí, integran tamén ese organismo representativo ¿como van pedir responsabilidades a Zapatero ou a Rubalcaba se non asumiron as súas? O PSOE necesita xubilar a todos os seus perdedores e empezar de novo con outras ideas e con outros líderes que teñan a oportunidade de empezar a equivocarse, pero que polo menos poidan camiñar lixeiros, sen os lastres nos nocellos de propiciar e participado activamente na derrota.

Ningún comentario: