martes, 28 de febreiro de 2012

DEPRESIÓN

É unha enfermidade. Pode haber un andazo dela, como a gripe, con síntomas colectivos. Agora estamos nunha depresión colectiva, pero temos días, porque somos nisto das cousas da alma inconstantes e variopintos. Cada un do seu pai e da súa nai. En economía, por ter gastado máis da conta e pedir prestado dun xeito incontinente, agora nos queixamos e buscamos o chivo a quen botar as culpas da nosa desfeita. Unha irracionalidade máxica que nada remedia.
Valencia é o paradigma da desfeita económica e moral. Nese reino de Levante pecharon o círculo do indebido, burlando toda ética democrática. Alí aínda non están deprimidos. Aínda non lles chegou a conciencia da monumental ruina. Os políticos, banqueiros e empresarios barulleiros aproveitan os minutos que quedan para saquear a fondo as caixas, os concellos, deputacións, a comunidade enteira. O señor Fabra o substituto do inocente Camps, aínda que avisa, está dando minutos preciosos para cargar bolsas e maletas.
A xustiza vai en correspondencia co ambiente xeral: a inmoralidade instalada vai disfrazada de tecnicismos. Pero nós non nos quedamos curtos. Que non nos poñan “onde haiga”. Por estes pagos o presidente Baltar marcha “cos deberes feitos”, deixando en plan Corea ao seu fillo no trono. Unha dinastía peculiar. E en León a súa presidenta ten vinte cárregos remunerados e paga co presuposto da Deputación Provincial as reparacións estéticas ¿E por qué non? As sensibilidades democráticas andan deprimidas. Media España vai deprimida. Pero a outra media bota peito. Que país máis difícil. E.F.M.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

El liderazgo mediático tiene que ser sustituido por el liderazgo de los resultados y de las medidas que hagan más país, que permita y más aún en una situación de serias dificultades percibir a la clase política como parte de la solución y no del problema. En este sentido hay que hacer grandes reformas estructurales. Solo así se puede recuperar la confianza en la política que hoy por hoy es el tercer problema para los españoles según el cis. Superar la crisis económica tiene que ser el primer objetivo pero éste también es importante. Para zp la estructura política ha sido una especia de reliquia y para volver a ganar la confianza de los ciudadanos hay que generar un nuevo proyecto político que renueve las instituciones. No se puede salir de ésta con los mismos.