venres, 27 de abril de 2012

O ENFERMO DOENTE

Dous asuntos requiren a atención urxente de politólogos, comentaristas de programas do corazón e outras faunas: o asunto do repago, que, segundo a política mariana, non o é, senón un favor para evitar que aumenten os hipocondríacos e o arrepentimento do noso director-xeral que tanto diñeiro nos custa.
Tratemos as cousas como son. O noso director-xerente foise a cazar gamusinos alén do mundo rodeado de esforzados gardas de seguridade, que pagamos nós; cun médico que tamén pagamos -do mesmo xeito que agora os medicamentos os xubilados-, unha rubia e outros señores que non sabemos se nos saen gratis.
Devólvennolo cheo de mataduras e, unha vez curado, vai e di que "sénteo e non o volverá a facer". A primeira pregunta, como a que nos facía a nós de críos, é ¿cantas veces, tío? Iso: cantas veces fuches de esmorga cos amigotes e as rubias, á nosa conta.
Vale, perdoámosche, pero non o volvas a facer, que custa unha pasta e xa estamos ata os cumios co asunto do repago: entre os 8 e os 18 euros para os xubilados que, aínda que o Goberno -cunha cara que lla pisa- diga que non é un recorte senón un reaxuste, supón que perdemos ese diñeiro ao mes... diñeiro ao que debemos engadir o céntimo da gasolina, as pelas que leva Facenda.
Pagamos, ademais, por estar mal atendidos: este ano as reclamacións ao Sergas disparáronse un 70 por cento e a lista de espera é a peor dos últimos seis anos.
Ademais, o informe do Defensor do Paciente alerta do aumento das neglixencias médicas que, "mecachis na mar", nunha liguiña de prexudicados, está A Coruña liderando a lista, aumentou de xeito espectacular.
E todo iso se oficializó o mércores, pola ministra do ramo e os seus cómplices necesarios, dicindo a un tempo que os medicamentos non son copago sanitario. ¿Que cono pasa? ¿Os medicamentos non forman parte do capítulo sanitario? ¡Pois que as vendan nos clubs de alterne!
Uns e outros ofenden a nosa intelixencia: a primeira parte contratante desta crónica ten unha longa historia que non se perdoa cun "sínto" e dous padrenuestros. E aos de Mariano, mentireiros compulsivos, non os perdoaremos xamais.

Ningún comentario: