xoves, 29 de novembro de 2012

ANIVERSARIO

Antes da crise nos aniversarios facíanse regalos; ao cumprirse un ano da vitoria electoral de Rajoy, Aznar decidiu facerlle un regalo desagradable e cruel. Publicar que designou candidato a Rajoy porque Rato llo rexeitou dúas veces é un golpe a Rato, agora caído nun pozo, pero sobre todo é unha puñalada a Rajoy nas costas. Aznar demostra unha vez máis que antepón sempre os seus intereses aos de España, esa España que tanto pretende posuír, pois sendo moi de dereitas e presidente de supartido, debera desexar que Rajoy e o seu goberno tivesen respaldo neste momento. Pero el non dubida en debilitar á presidencia do goberno pois lle poden máis os seus resentimentos que o peso das súas responsabilidades. Aznar é todo un personaxe, mostra unha personalidade inmadra e escura con constantes expresións de sadismo.
E Rajoy tragando, calando e aguantando. Rajoy tanto como candidato como Presidente de Goberno foi unha decisión equivocada, o sabían uns e outros, mesmo quen lle votaron, pero se equivocan con el os seus inimigos ao xulgalo débil e velo en horas baixas, tragará, calará e aguantará. Non importa que sexa un mal político, é un supervivente e aprendeu moi pronto a esconderse detrás dunha coiraza. Desapegos, desdéns, desconfianzas, desaires dos seus votantes ou do seu partido non mellan a súa coiraza. Seguirá gobernando aínda que a moitos nos pareza terrible polas súas políticas, polo modo de facelas e porque, en fin, fai o contrario dun demócrata. E, por iso aínda que careza da xactancia agresiva de Aznar, as súas políticas son as mesmas que faría aquel. Recolleu firmas contra Cataluña, contra a lei de aborto e os seus ataques á política económica de Zapatero enténdense por pura conveniencia electoral pero agora demostran absolutamente a súa irresponsabilidade.
Só chegar ao Goberno envolvéronse no da herdanza recibida, pero nalgún momento Rajoy confesou que "quen me impide realizar o meu programa electoral é a realidade". Xa en Xaneiro  Sáenz de Santamaría afirmou "a realidade é máis dura do que pensamos e por iso serán máis duras as medidas" e agora reitérao. Entendemos que queren tapar aquela irresponsabilidade de "deixádea que caia (España), que xa a levantaremos nós" contando que a pesar de ter toda a información do que estaba a acontecer non comprendeu o seria que era a crise financeira e non sabían o dura que era a soga, a prima de risco. Cóntannos que eran unha oposición completamente inepta e que, grazas á crise, chegaron na mesma ineptitude. Que nunca foron capaces de ver "a realidade", que vivían fóra dela. Non é crible, non se pode crer tanta irresponsabilidade e incompetencia, por forza entendemos que menten para xustificar o inxustificable, a política que están a facer: unha política clasista que engorda os ricos e despoxa os pobres. Despóxaos non só dos seus dereitos no traballo e da cobertura social senón tamén de anacos da escola pública e da sanidade. O que recortan lévanseo e quédano. En realidade si que a realidade lles está a permitir realizar o seu programa de privatizacións e protección de privilexios.

Ningún comentario: