domingo, 30 de decembro de 2012

REVELACIÓN

En tempos de bonanza creáronse postos artificiais a gusto dos políticos locais: agora estamos a pagar os estragos da festa.
Durante estes anos pasados, cando os nosos dirixentes non parecían dispostos a dar por rematada a festa, algúns columnistas, entre os que me encontraba, denunciabamos a trangallada de todos os servizos que xeraban as institucións públicas. Dende os innumerables asesores que anulaban funcionarios que poderían ter cumprido de sobra o traballo que os políticos confiaban a externos aos choferes dese interminable flotilla de coches destinados a que os nosos representantes non pisasen xamais o mesmo chan que a poboación que os votara. Se unha se para a pensalo foron moitos os postos de traballo que se crearon a expensas dos que ocupaban cargos públicos. Mesmo as televisións locais, que en principio se prometían destinadas a informar ao pobo da súa realidade máis próxima, se converteron, a miúdo bastamente, sen ningún tipo de sutileza, en voceiras do partido que nese momento ostentara o poder. Viaxabas a un lado ou outro de España e en cada canle autonómica descubrías o mesmo que vías na túa propia comunidade: que os noticieros se dedicaban a informar dos aburridos pasos dos seus representantes locais e a exaltar os orgullos da patria pequena.
Agora que estamos a pagar os estragos da festa, son os mesmos políticos que se serviron xenerosamente dun mercado laboral creado ao seu antollo os que impoñen recortes e despedimentos. Despois de ser incapaces de crear outro tipo de sistema produtivo teñen que desfacerse de servizos que dende o principio foron esaxerados. O perverso é que non serán aqueles que se inventaron necesidades á súa medida os que hoxe engrosan as cifras do paro, senón os traballadores que as serviron. Xustos por pecadores. E isto presentóuseme de pronto como unha revelación, por ser eu unha das  quedenunciaba ese ditoso clientelismo. Elvira Lindo

Ningún comentario: