mércores, 23 de xaneiro de 2013

E ISTO É UNHA DEMOCRACIA?

Para non perder poderes e porque todos estan implicados en roubos, comisións en diñeiro negro, ben roubado dos impostos dos cidadáns chairos, sen ningun escrupulo e, a sabendas de todos os partidos politicos.
E isto é unha democracia? Onde as persoas nobres que queren defenderse destes energumenos, como empresarios corruptos, compañias que non cumpre o que está asinado, empresas multinacionais que fan da súa capa un sayo e, así todo en España e Italia, en ningun país de Europa hai tanta corrupción como nestes dous estados.
Eu vivín en tempos de Franco e non habia tanto roubo como hai agora, e, tanto desamparo cara aos españois chairos, nin tanta delincuencia, nin inseguridade cidadá, e, menos tanto paro, como agora, e isto é unha democracia?Unha mazá que parece que esta boa, pero no corazón esta podre, e ao final se podrecerá outra vez, como se podreceu outras veces, pero neste caso moi concreto en España, nos imos podrecer todos, uns cheos de diñeiro roubado e outros mortos pola fame por non se poder levar nin un anaco de pan á boca uns, e outros de enfermidades que non podrezan por non poder costearselas, ou non poder chegar aos hospitais que lles corresponda, conclusión, isto é, un exterminio social, que temos con estes politicos mafiosos, que dos cales se aferran ao poder como as lapas ás pedras.
Neste caso moi concreto de España eu prefiro volver ao pasado que vivín, ao que se chamaba unha ditadura, pero non habia estes corruptos tan grandes, e se os tivese habido, posiblemente non terían feito estes roubos tan masivos, e deixarnos tan pauperrimos aos españois chairos, se non que estarian nas carceles, ou pasados por onde se merecen, criando malvas.
É moi duro dicilo pero máis duro é, ver familias de españois que só viven cun Euro diario e con dúas barras de pan e un litro de leite, e non poder nin acender a calefacción, e falo con coñecemento de causa, de amigos e amigas e coñecidos moi achegados.
E que agora sacan esta lei para protexerse e seguir roubando, creo que se estan buscando o que lles corresponde. DOREMA

Ningún comentario: