martes, 15 de xaneiro de 2013

REMATOU A FESTA

Decidiuse permitir ás caixas de aforros efectuar operacións financeiras propias dos bancos. Prestábase diñeiro aos bancos a cero por cento de interese dende as máis altas institucións financeiras mundiais. Relaxáronse as condicións para o acceso aos créditos e dicíase que era para que os "máis desfavorecidos" puidesen acceder a unha vivenda.
Como non podía ser doutro xeito, os negocios financeiros viron un filón en dar créditos e levarse comisións por eles, malia saber que non poderían recuperar o diñeiro. Idearon o dos paquetes de hipotecas nos que se mesturaban as hipotecas incobrables, as lixo, coas solventes e vendíanllas entre eles, ata que se descubriu o engano. Todo isto permitiuse por un mal entendido interese de facer acomodo á ideoloxía sobre a realidade, algo moi propio dos progresistas que fabrican unhas empedradas estupendas no inferno coas súas boas intencións e por pulsión populista de todos os gobernos mundiais, ninguén quixo cambialo para non perder o favor do pobo.
Se, ese pobo ao que se lle ofrecían créditos ao cento dez do valor do pedido e que agora se queixa de que lle enganaron, pero que especularon co piso do avó e que compraban un apartamento en construción e cando lles daban as chave, o vendían ao día seguinte para gañar unha pasta e embarcarse nunha hipoteca maior, cando non se hipotecaban avalados por familiares aos que á súa vez avalaban eles, nunha espiral de inconsciencia supina.
Todo moi populista, infantil e irresponsable ¿E agora queixámonos? Sa rematou a festa. Sa rematou o chiringuito progresista do crédito, a compra irresponsable e o pelotazo. Claro que o clásico, a mentalidade do esforzo, a responsabilidade e a ética, non é nada progresista e iso son cousas de fachas, pero...¡¡ Que ben estanos a vir a crise para desenmascarar os farsantes demagogos e irresponsables do progresismo!!... DOREMA

Ningún comentario: