Ademais de corrupto, que si non o é por ser beneficiario directo do unte que o seu partido recibía a cambio de concesións ou contratos, se o é por complicidade manifesta por boicotear a acción da Xustiza, é un sablista, farsante, embusteiro, ventajista e truán que empregou moito xogo sucio para encubrir o que acontece no seu partido, recriminando os demais erros do pasado xa xulgados e superados. Esquece que os cidadáns non esquecemos que só un defecto de forma evitou unha condena por financiamento ilegal do seu partido no caso Naseiro.
Foi capaz de recriminar actitudes sen o máis mínimo pudor, inconsciente de que a rabiosa actualidade, da que medios e xornalistas profesionais informan, lle sitúan no centro dun sistema de prácticas ilegais e inmorais que fan deste país o faime rir do resto do mundo, porque aquí dentro as bágoas e os suspiros, a congoxa e o medo, están instalados en millóns de cidadáns e cidadás que non merecemos esta representación.
Tedes que seguide defendendo o dereito á información por ser de interese xeral e un indicador de saúde democrática, a pesar de que este e os que son como el dispoñan a súa artillaría para culpar aos medios e xornalistas críticos da perda de imaxe e credibilidade.
A tarefa non será doada, e mesmo será ingrata, pero os que optamos por medios e profesionais independentes como fontes de información estámosvos agradecidos de todo corazón ao sentirnos parte dun proxecto cuxo fin é desprazar ao tirano e corrupto, sexa do partido que sexa, do exercicio de goberno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario