xoves, 28 de febreiro de 2013

GROTESCO

Se. Os balbucidos de Cospedal, tratando de explicar o inexplicable, eran unha cousa penosa e impresentable.
Ela dá pena, por prestarse a iso. Dá idea do concepto que o seu partido e ela teñen de todos nós.
Pero, o de fondo é, o reiterativo que resulta esa actitude mentireira. Unha e outra vez. Infinitamente no tempo. Unha e outra vez
Hai algunhas semanas, cando o goberno empezaba a falar de que habería "sinais de recuperación" para finais de 2013 e principios de 2014, eu comentaba que varias das empresas de análise máis serias e prestixiosas (a nivel mundial) coincidían exactamente no mesmo; isto é que, non había (nin hai) ningún dato obxectivo que, cientificamente, permita afirmar o que o goberno español afirmaba, respecto a recuperación ningunha.
Cotexeino, insistentemente, tratando de achar indicios que lle desen ao goberno a razón. Pero, non tiven éxito. Despois veu o discurso de Rajoy, no debate do estado da nación. Era un despregamento de autosatisfacción necia. Falaba da crise, en tempo pasado. Era inverosímil aquela actitude.
Ao día seguinte (o venres pasado, 22-02-2013) Bruxelas dixo a verdade. Tiveron a cortesía de deixar que Rajoy, fixera o seu exercicio de simulación, de bo presidente.
En realidade, o presidente, deu o espectáculo dun mentireiro patolóxico. Sobre todo, aos que estamos un pouco mellor informados.
Agora, o partido corrupto, (o principal) preséntasenos unha vez máis, como o faría calquera mentireiro patolóxico. Explicando, o inexplicable respecto a Bárcenas
Hai uns días, o noso anfitrión xornalista díxo, con claridade: perdéronnos o respecto.

Ningún comentario: