mércores, 20 de febreiro de 2013

MENOS DEBATE E MÁIS CORDO

O Congreso dos Deputados acollerá hoxe a vixésima segunda edición do Debate sobre o Estado da Nación, a primeira con Mariano Rajoy como presidente do Goberno e con Alfredo Pérez Rubalcaba como xefe da oposición.
Ante este debate, estanse a utilizar demasiadas metáforas bélicas. Nas filas dos dous partidos maioritarios hai excesivas ganas de guerra. E están equivocados. Antes de iniciar unha nova liorta, tanto Rajoy coma Rubalcaba terían que estar máis atentos ao sentir da rúa. Hai moita xente farta da crise, dos recortes, dos desafiuzamentos, do paro, da corrupción, pero tamén esta farta de ver que os políticos só saben enfrontarse entre si, e mentres tanto, a casa do estado sen varrer.
Non fai falta ser un lince para coñecer cual o verdadeiro estado da nación. A nación está nun estado lamentable, porque está sufrindo unha crise económica, institucional, política, social, laboral, e sobre todo unha crise moral, unha crise de valores. E isto non se arranxa con outro debate máis e outra pelexa de gallitos.
A xente non quere escoitar de novo o "E ti máis" O que quere escoitar é esa frase que fixo presidente a Obama. "Nós podemos facelo" A ver se tanto Rajoy coma Rubalcaba, pronuncian esta frase ao alimón e se animan a camiñar xuntos, ombro con ombro.
O estado da nación non necesita un novo debate cheo de palabras ocas, e loitas estériles. O estado da nación necesita urxentemente, para saír do túnel, un gran pacto de estado entre os dous grandes partidos nacionais, que estaría avalado pola maioría máis contundente. Porque se non, isto vaise á ruína. Con todos nós dentro. Luis del Olmo

Ningún comentario: