sábado, 23 de febreiro de 2013

UN CHISTE

Vivimos nun país no que os delincuentes, espías e/ou espiados, sempre encontran a ocasión de facerse pasar por vítimas
Un amigo dille a outro: Jo, macho, que mala sorte teño! Xa ves, á infanta Cristina ingrésalle o seu marido uns millóns na conta e non se decata. A ministra de Sanidade ve un Jaguar no seu garaxe e nin pregunta. E a min, o venres pasado, ocórreseme invitar os meus colegas a unhas roldas despois de cobrar a nómina, e ao chegar á casa resulta que a miña muller non só o sabía todo, senón que enriba me montou un polo que non vexas...
Como chiste, é estupendo. Como realidade non ten ningunha graza, pero iso non significa que sexa triste. É peor. Puiden comprobalo o outro día grazas a Ana Mato, que alegou no Congreso que a súa persecución implica un retroceso de décadas na consideración da igualdade de xénero, porque se lle está a facer responsable das accións do seu marido. Deixando de lado conceptos como amor, cariño, complicidade, solidariedade, lealdade e, sobre todo, decencia, o argumento pareceume tan chusco que intentei rir, pero non puiden. Como diría un poeta, o insuperable cinismo da ministra cubrira os meus labios de xeada.
Algo parecido me pasou días despois con Victoria Álvarez, a antiga amante -¡cántas ex, últimamente!- de Jordi Pujol fillo, mentres a oía preguntarse en voz alta, a conta da espionaxe que padeceu, en que clase de país vivimos. Teríame encantado explicarlle que vivimos precisamente no país onde ela asistiu durante anos a un trasfego incesante de billetes de 500 euros entre Barcelona e Andorra sen dicir nin mu, pendente só das comisións que o puidesen quedar entre as uñas. Un país no que os delincuentes, espías e/ou espiados, sempre encontran a ocasión de facerse pasar por vítimas. Un país onde, dentro de pouco, cando o último mozo con talento teña que emigrar por culpa de chourizos como ela, perderemos mesmo o consolo dos bos chistes. Almudena Grandes

Ningún comentario: