Señor Feijoo, conquistouno vostede a pulso. Non vou dicir que

Estes días xa lle recordaron a vostede todo o que dixo cando tamén andou en fotos o señor Quintana. Eu podería engadir a ese recordo o que tamén dixeron vostede e os seus dous máis firmes mamporreros neste tipo de "gerritas" pouco limpas, os señores Rueda e Hernández, acerca do "encontro da gasolineira" entre o señor Blanco e un empresario (co que, por certo, tampouco o referido asinou contrato ningún nin do que coñecese de antemán os seus pecados), ou sobre o "asiático luxo automobilístico" do presidente Touriño. Vostedes non foron moderados nin prudentes nestes asuntos. Pero, ¿para que mover a lama?; só enturba a auga.
Xa se repartiron, e agora refírome a todos os de todos os grupos, a súa respectiva porción de merda, con perdón. Pois, vale, xa está: supoño que terán comprobado que é cousa daniña, mesmo cando satisfai obxectivos electorais, porque tarde ou cedo aflora tal cual é. Moi ben, pois xa está. Non serviu para nada bo.
Agora chegou o momento de que o deixen, e empecen a facer a política de verdade: limpa e respectuosa. Saiban, para guiarse, que a imaxe das nosas institucións se constrúe, aínda que non sempre o merezan, coa súa propia imaxe, a de vostedes. Coidenla, por favor! Intenten lograr que todos nos parezan xente decente. E só digo que o parezan, porque non dubido que o sexan.
É unha cuestión de mínimos. De respecto, como dixen. Fágannos o favor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario