sábado, 18 de maio de 2013

A INTEGRIDADE MORAL DOS POLÍTICOS

Non debería estrañarnos que aumente a cantidade de pobres, que se incremente a diferenza entre pobres e ricos, que o emprego se pague miserablemente, porque a demanda de emprego sexa moito maior que a oferta, que España sexa a primeira en incremento da pobreza e a corrupción.
A crise serviu, ao gran capital e aos seus servidores políticos, depredadores dos dereitos do pobo, para eliminar o estado de benestar, e crear pobres a mansalva, a partir do atraco legalizado á clase media a golpe de inxustizas gobernamentais,
Pero non todo para aí, non só perdemos o estado de benestar, non só ingresamos ao exercito de economicamente pobres, tamén nos están a escamotear o noso concepto de honradez, de dignidade.
Levamos anos sufrindo e falando da crise: dende aqueles días en que o "Presi" a negaba ou descoñecía ata agora cando ata o máis ignorante, mesmo os políticos, famosos pola súa falta de materia gris, saben da prima de risco, do rescate pendente, do mercado financeiro, etc. Pois ben, temos a crise ben instalada na nosa sociedade e na nosa mente, onde se confunde o terrible índice de paro que sufrimos cun simple dato estatístico que se pode sacrificar en prol da prima de risco e as necesidades da totopoderosa economía alemá. Así as cousas, non vou entrar nos detalles desta crise económica, máis que discutida en toda clase de foros, sen que iso queira dicir que sexa comprendida; refírome a outra crise: a crise moral a de integridade moral de políticos e, por imitación dos cidadáns.
Esta crise, tanto ou mais destrutiva que a económica, a vimos arrastrando dende os tempos que denominan "de bonanza" e que máis ben debían chamarse "da desmesura no gasto", principalmente gobernamental, envolvido en corrupcións mil; onde "a mais diñeiro, máis corrupción" e que agora, se estenden á época de crise nun "sálvese o que poida utilizando os medios que poida" aínda que estes medios, dende a morosidade, ata o "apaño" descarado non sexan dignos dunha persoa honesta.
Como saír desta situación, deste círculo viciosos de crise, desemprego e corrupción? Imaxínome que a primeira medida é cambiar de goberno, e de políticos; isto é, volvendo ao que nunca debemos perder, á integridade moral dos cidadáns e os seus representantes. A partir de aí, todas as solucións son posibles e inmediatas.

Ningún comentario: