
O desastre foi total e o Goberno en masa debería irse para casa ou a algún outro sitio menos digno. Xulguen vostedes mesmos: suba dos impostos, recortes en servizos sociais, redución nas nóminas dos empregados públicos e conxelación das pensións.
Todas estas afrontas a cambio de que? De que o Estado só fose capaz de reducir o desfase presupostario en 24.000 millóns. Con todo iso o que se conseguiu foi elevar a débeda ao 84,2% do PIB, co indesexable récord de que somos o país da Unión Europea con máis rápido crecemento en 2012.
Con semellante "éxito" tería que marchar o Goberno. Se non rendo no meu traballo, mándanme ao allo puerro. Se un adestrador falla, é destituído. Se alguén "mete un pufo", lévano ao xulgado. Pero se o Goberno falla, os seus compoñentes seguen cobrando e, a xulgar polo que se descobre, xa cobraban antes da desfeita.
As receitas populares están a fallar pola súa base. Temos un Goberno imprevisible, tolo e desconcertante. Unha mostra: xa naquel primeiro Consello de Ministros descolocou, mesmo os seus propios votantes, cunha suba do IRPF. Insisto en dicir que temos un Goberno de PNN indeciso á hora de desenvolver as reformas estruturais que necesita España. De Guindos é unha ovella obediente ante Bruxelas e Montoro é un continuo e disparate a que se esquece hoxe o que dixo onte e non ten nin idea do que ha de dicir mañá.
Hai que liberar recursos cara ao sector privado para que volva consumir e investir, que é a mellor forma de crecer e hai que botar á rúa este Goberno se queremos salvar o país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario