sábado, 28 de decembro de 2013

SEN LICENZA UNHA TORRE EN GARCÍA BARBÓN


Concello frea a construción doutra torre en García Barbón


Denega a licenza ao maior edificio proxectado en Vigo na crise

A Xerencia de Urbanismo acaba de denegar a licenza municipal para construír unha torre de vivendas, oficinas e comercial de quince alturas máis ático, ao que se sumarían dúas plantas subterráneas para aparcadoiro. A empresa quería construír este inmoble na parcela de La Metalúrgica, situada xunto ás torres Ifer, e de ter saído adiante sería o edificio de maior tamaño que se poñía en marcha nos últimos anos.
Concello vigués denegou o permiso por motivos legais, aducindo que a empresa solicitante non é titular de toda a parcela necesaria, e tamén que existe obriga de realizar sondaxes arqueolóxicas. Unha decisión difícil de tomar nun momento de crise económica que ten o seu reflexo principal na construción, practicamente paralizada dende hai varios anos. No caso de Vigo, o parón é case total e é visible a completa ausencia de grúas nas rúas, sen que ningún proxecto de relevancia se puxese en marcha.

Ningún comentario: