xoves, 23 de xaneiro de 2014

CANDO AS BARBAS DO VECIÑO VEXAS CORTAR, PON AS TÚAS A REMOLLAR



Pecha o segundo centro comercial máis grande da Coruña

Xa había parón do consumo e recortes en vendas do comercio minorista cando en outubro de 2008 abriu as súas portas na Coruña o centro comercial Dolce Vita. Con 170 tendas e unha ocupación do 90% dos seus 62.000 metros cadrados de Superficie Bruta Alquilable (SBA), converteuse no centro comercial entón máis grande de Galicia. Pero non puido resistir. Pouco máis de cinco anos despois, nos que a crise non impediu a proliferación como cogomelos de grandes superficies nunha comunidade autónoma ata entón escasa en negocios da distribución a grande escala, pechará as súas portas o próximo día 31, con só nove locais ocupados.

A concentración de espazos comerciais cada vez máis grandes e ambiciosos na Coruña, que alberga dende a primavera de 2011 o segundo maior centro de España, Marineda City, rematou con Dolce Vita. A súa decadencia foi imparable dende o verán de 2012 candoInditex decidiu irse do complexo comercial. O seu propietario, o grupo hispano-luso Chamartín, aseguraba hai un lustro que non temía a competencia, que contribuía "a animar os centros comerciais, un investimento pensado a 20 anos visto, non a un". Pero rematou por dar por vencido "polo exceso de oferta similar" na capital provincial, con sobreoferta deste tipo de grandes negocios comerciais.

Todas as opcións ou proxectos, incluído un intento de reconverter ese espazo nun complexo de ocio nocturno, non callaron.Mediamarkt, a única marca internacional que mantén na actualidade a súa única presenza na Coruña no recinto de Dolce Vita, asegura que continuará a súa actividade abrindo outra tenda na cidade. Outras como a irlandesa Primark xa se retiraran en outubro, así como bo número de insignias que ao cumprirse o contrato de aluguer de cinco anos decidiron abandonar este centro comercial.

Ningún comentario: