En
1995 a débeda privada de empresas e familias en España supoñía o
75% do PIB. En 2008 era case do 200% do PIB. As familias e sobre todo
as empresas embarcáronse nun proceso de endebedamento frenético sen
precedentes na historia da nosa querida España. En 2008 a quebra de
Lehman pechou o acceso da banca española aos mercados de capitais e
o endebedamento privado fíxose insostible.
Merkel,
de visita en España, non foi a responsable deste desastre. Foron as
propias empresas e familias as que decidiron endebedarse sen presións
externas. Foron bancos españois os que lles prestaron o diñeiro. E
foron bancos e fondos de pensións estranxeiros, sobre todo alemáns
e franceses, os que prestaron aos bancos españois para formar a
burbulla inmobiliaria.
Pero
cando pican as burbullas e as economías se incendian, os cidadáns
esixen aos seus gobernos que interveñan e lles resolvan os seus
problemas. Polo tanto, as críticas a Merkel son como xefe dos
bombeiros xa que ela non provocou o incendio. Pero a súa xestión
dende 2009 foi nefasta e é a principal responsable da segunda
recesión que sufriu España e Europa en 2012 e que complicou
significativamente a solución da crise de débeda.
Alemaña
é unha economía enferma que rexistrou un dos menores crecementos do
mundo nos últimos quince anos e que necesita que o BCE baixase os
tipos ao 0% para non entrar en depresión. Paradoxalmente este débil
crecemento permitiulles chegar a 2008 sen débeda externa e sen
burbulla. Merkel actuou en Europa como defensora do aforrador alemán,
sobre todo os pensionistas que a votan maioritariamente. E forzou que
todo o axuste se fixese nos países con cargo á débeda pública.
O
resultado foi desastroso xa que España ten agora máis débeda
pública e privada sobre PIB que en 2007. A causa é que o débil
crecemento e a deflación fan que os intereses aumenten máis que os
ingresos e a débeda crece de xeito explosivo. Obama, cun problema de
débeda maior que a Eurozona, reestruturou parte da débeda privada,
recapitalizou o sistema bancario, aprobou un ambicioso plan de
investimentos pública e a Reserva Federal monetizó a débeda,
evitou a deflación e depreciou o dólar para reactivar o crecemento.
Un
plan similar é o que necesita Europa e España. A política
monetaria e cambiario é europea e a política fiscal está
condicionada polo pacto de estabilidade. Rajoy debería ser realista
e dicirlle a Merkel que as nosas exportacións caen e que a nosa
produción industrial e vendas minoristas están estancadas. Que os
nosos ingresos fiscais crecen un raquítico 1% e os ingresos
exteriores un 2%, mentres os intereses da débeda pública e externa
crecen a taxas de dous díxitos.
España
necesita o plan de investimentos que propuxeron os socialistas
europeos e que Merkel veta. Necesita cambiar os estatutos do BCE para
introducir o obxectivo do pleno emprego e unha política monetaria
máis agresiva para depreciar o euro que Merkel veta. Necesita
avanzar na unión fiscal e bancaria e mellorar o goberno europeo que
Merkel veta. E necesita que Alemaña sexa a locomotora que saque a
Europa da depresión, como o resto sacamos a Alemaña da súa
depresión en 2001.
Pero
Rajoy, como Alicia, seguirá no País das Marabillas. Dille que
España vai ben, que as reformas e o austericidio funcionaron e que
lle da Arias Cañete unha comisaria potente ou que diga que é
probable que España presida o Eurogrupo en 2016. O conflito entre
debedores e acredores existe e dicirlle a Merkel o que quere oír
sitúanos no peor dos mundos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario