A protección do litoral é un dos primeiros dilemas que deberá resolver o futuro Goberno de Alberto Núñez Feijóo.
.Os, alcaldes, promotores inmobiliarios e construtores aprémanlle a levantar as restricións na franxa litoral aprobadas polo Executivo saínte, pero as enquisas recomendan cautela. A maioría dos galegos apoia o freo ao desenvolvemento urbanístico impulsado por Emilio Pérez Touriño, o que explica que o PP non o convertese nun argumento de campaña. De momento, o presidente do Partido Popular anunciou onte que eliminará "trabas" ao urbanismo, incluída a costa, pero aprazou a decisión sobre a suspensión na franxa litoral de 500 metros, que expira en maio.
Os empresarios trasladaron a súa reivindicación na entrevista que mantivo con Feijóo unha representación da patronal galega encabezada polo seu presidente, Antonio Fontenla, que recoñeceu "o malestar" que a paralización costeira provoca nos sectores da construción e inmobiliario. O futuro presidente da Xunta comprometeuse con eles a "reducir as trabas normativas con carácter xeral". Preguntado polos xornalistas sobre a prohibición na franxa de 500 metros, avogou por evitar "máis trabas das imprescindibles", para "aproveitar algo que lamentablemente se perdeu nos últimos anos".
Feijóo anunciou que non terá en conta ese documento, e que baseará a súa ordenación do litoral noutro documento que encargou el cando estaba á fronte da consellería, durante o último Goberno de Manuel Fraga. Onte reiterou que o seu Plan do Litoral estará listo "antes de que acabe 2009", pero gardou silencio sobre a posibilidade de prorrogar na franxa de 500 metros ata que entre en vigor a nova ordenación costeira. "Ese asunto dirémolo logo de tomar posesión", manifestou.
Os Sres. do PP só móvense por intereses persoais, o seu argumento é que o campo mórrese, pois levan moitos anos gobernando Galicia e non tomaron as medidas para que iso non sexa unha anarquía, non respectan os informes dos seus mesmos técnicos, só interésalles engulir os bosques para especular.
O PP non xoga limpo e quere xustificar o inxustificable, as actuacións aínda que xeren emprego, só é temporal e despois é só para uso e goce duns poucos, como é posible que xere benestar se eles non serán os destinatarios nin dos campos de Golf.
Tanto que loitaron polo plan hidrolóxico nacional, viuse por onde van, para ser que só lles interesan os campos de golf ou é que non saben facer outra cousa que practicar o Lecer, non poderían pensar mellor en desenvolver unha rexión con industrias ou proxectos agrícolas e ambientais que beneficiasen a todos e non a uns poucos, por exemplo.
Sres. e Sras. do PP pretenden gobernar o país a partir de abril de 2.009? echémonos a tremer, os cidadáns pregúntanse é que non hai quen pare esta atrocidade de corrupción?.
O boom inmobiliario que se xerou no noso país nas últimas décadas desbordou todas as expectativas, facendo ineficaces, en moitos casos, os controis legais na materia. Neste sentido, de pouco serviu ata agora a introdución no Código Penal, do delito específico sobre a ordenación do territorio (conferindo rango delituoso ao que ata entón eran meras infraccións administrativas) que penaliza con cárcere e inhabilitación a conduta de promotores, construtores, políticos e técnicos depredadores que leven a cabo unha construción non autorizada en chans destinados a viarios, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisaxístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural... ou polos mesmos motivos sexan considerados de especial protección; e a actividade de autoridades e funcionarios públicos que, a propósito da súa inxustiza, informen favorablemente proxectos de edificación ou a concesión de licenzas contrarias ás normas urbanísticas vixentes. As administracións descubriron na xestión urbanística unha gran fonte de ingresos e quérena rendibilizar ao máximo, sen importarlles demasiado que sexa racional ou equilibrada, facendo caso omiso, en moitos casos, á lexislación urbanística.
Sres. e Sras. do PP de Galicia, isto non é Madrid nin Valencia, poñanse a traballar por Galicia e os galegos pero sempre dentro da lei, non as corruptelas ni amiguismos, tamén esperamos do Sr. Feijoo a frase "Eu pago os meus traxes"










VÁZQUEZ ADMITE QUE NON POSÚE LICENZA DE OBRAS PARA REFORMAR A SÚA VIVENDA 


