luns, 15 de maio de 2006

A NOVA DEPURADORA

Narbona acusa a Corina Porro de atrasar a nova depuradora de Vigo
.
Advirte de que a obra é urxente xa que a ría recibe cada día miles de litros sen filtrar
A ministra sostén que non se poderá facer nada mentres o plan xeral non fixe unha ubicación
.
A ministra de Medio Ambiente aproveitou onte a súa visita a Galicia para lanzarlle un balonazo ao goberno municipal vigués. Cristina Narbona advertiu á alcaldesa Corina Porro de que o seu departamento non poderá facer nada en relación á futura estación depuradora mentres o Concello non fixe un emprazamento no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). «Iso está parado ata que non se nos diga que terreos hai e non debería demorarse -dixo a ministra- porque estamos falando dunha situación de extrema urxencia».
- Segundo os datos facilitados a semana pasada pola Xunta, A ría de Vigo recibiu en marzo ata 900 litros por segundo de residuos urbanos sen filtrar. O propio conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, recorreu a unha expresión dramática para describir a situación do ecosistema vigués. «Está na uvi», dixo no Parlamento.
Problemas en Bouzas
-A versión exposta onte en Galicia por Narbona coincide coa defendida pola Xunta e polo grupo municipal socialista no Concello de Vigo. Pero nas filas do PP relatan as cousas de xeito diferente. Os populares sosteñen que o seu partido ten moi claro que a nova infraestructura de saneamiento debe levantarse sobre o recheo de Bouzas e que o máis lóxico é esperar a coñecer o estudo que está elaborando o departamento de Narbona sobre as necesidades de saneamento da ría de Vigo.
-O problema ao que se enfronta a cidade para definir o emprazamento é que o recheo de Bouzas é propiedade da Autoridade Portuaria, que se mostra pouco partidaria de situar alí a nova infraestructura de saneamento e que está máis pendente da ampliación dos peiraos para captar máis contenedores. O Consorcio da Zona Franca, que está precisamente no recheo de Bouzas, tamén se pronunciou en contra da operación que propón o PP.

Ningún comentario: