venres, 28 de xullo de 2006

A DEPURADORA ATRÁSASE

A XUNTA ARRANXARÁ CO CONCELLO DE VIGO A DEPURADORA DO LAGARES.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
"Os afectados cargan con dureza contra os políticos e ameazan con pechar a planta"
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
O conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, Manuel Vázquez, comprometeuse onte a colaborar co Concello no arranxo da depuradora de augas residuales do Lagares. No transcurso dunha visita a Redondela, sinalou que é unha cuestión importante para o saneamiento da ría de Vigo, polo que o seu departamento estudará os informes e as propostas que lle faga chegar o Concello. Sobre o financiamento necesario para acabar cos vertidos e malos cheiros, que o goberno local cifrou nuns 20 millóns de euros, Vázquez limitouse a advertir que a solución terá que darse «entre todos». Neste sentido, adiantou que se poñerá en contacto coa equipo de Corina Porro para traballar na optimización da estación. O conselleiro non era alleo ao pleno que se estaba celebrando pola mañá no Concello de Vigo e que tiña como punto estrela a proposta para paliar os problemas da depuradora. Os corporativos debateron durante tres horas sobre o asunto sen demasiadas novidades. Tras cruzarse reproches, ao final pactaron un texto de consenso que basicamente consiste en trasladar á Xunta todos os informes técnicos de que dispón e instar á alcaldesa a negociar un convenio coas administracións autonómica e central. Ademais, a corporación municipal ao completo renuncia a establecer unha zona de exclusión, descarta unha ampliación das instalacións, ponse como obxectivo o tratamento terciario das augas e recuperar a titularidad dos terreos, acepta negociar o posible traslado de afectados (sempre de forma voluntaria) e decide abrir unha investigación sobre a xestión da concesionaria Aqualia, a quen se esixirán responsabilidades. Nin PP nin Partido Galeguista eran partidiarios disto último, pero accederon a incluílo. O PSOE non logrou que se aceptase a súa proposta de rexeitar as novas urbanizacións que prevé o Plan Xeral preto da planta depuradora. Repaso O momento de maior intensidade produciuse no arranque do pleno, cando o alcalde en funcións deu a palabra a María Alonso Castro como portavoz dos afectados. Esta leu unha declaración con duras críticas aos políticos pola situación «humillante» que padecen e fixo un repaso do ocorrido desde 1997. Citou polo seu nome a José Cuiña e Manuel Pérez, como responsables do desgraciado proxecto inicial, e a Lois Castrillo e Amador Fernández, polas súas posturas demagóxicas e oscurantistas durante a segunda fase das obras, «que trouxo moitos máis problemas que solucións». Tamén recordou que Pérez Mariño e Corina Porro comezaron os seus mandatos con promesas que non prosperaron. Os veciños de Coruxo, que acusaron á Federación Vecinal de non ocuparse nunca do tema pese a que «vive a conta do Concello», ameazan con pechar a planta en setembro do 2007 se para entón non se executaron as obras de mellora precisas. «Deixen de marear a perdiz», cominaron aos partidos.
(PUBLICADO POLA VOZ DE GALICIA 28-07-2006)

Ningún comentario: