venres, 21 de xullo de 2006

O PXOM INVADE A COSTA


Costas tamén rexeita edificacions para dar o visto bo ao PXOM

O Concello enviará a Santiago nunha semana toda a documentación que reclamou a Xunta JOSÉ MANUEL FIGUEROA, CONCELLEIRO DE URBANISMO

.As correccions de Medio Ambiente afectan a Cabo Estai, Canido, Samil, Alcabre e A Guía.

.""URBANIZACIÓNS A MÁIS DISTANCIA DO MAR.

Dirección Xeral de Costas e Xunta detectaron que o PXOM invade zonas protexidas pola lei na desembocadura do Lagares e en Fontes-Pertegueiras en Alcabre.

-El Concello terá que facer varias correccions no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para obter un informe favorable da Dirección Xeral de Costas. Este organismo, do mesmo xeito que fixo fai unhas semanas a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, condicionou o seu visto bo a que se manteñan sen edificar varias zonas do litoral.

-Os cambios afectan a proxectos de urbanización que invaden a liña de servidume marítimo-terrestre de 100 metros, segundo o planeamento de Consultora Galega. Costas advirte de que é terreo protexido por lei.

-Trátase dos ámbitos de Cabo Estai Norte, Canido Praia, Fontes-Pertegueiras (Alcabre) e a saia da Guía. Ademais, o organismo do Ministerio de Medio Ambiente di que non se lle facilitaron as propostas para a desembocadura do Lagares, xusto onde a Xunta rexeitou a edificación de Río (Coruxo) e Samil (fronte ás pistas de pádel). Tamén observa un pequeno problema en Sensat (Alcabre)

- Sobre esas zonas xa advertió a Administración autonómica, cuxa lista de correccions foi máis ampla porque a normativa galega estende as medidas de protección aos 200 metros. Costas tamén reclama máis información sobre Bouzas e Toralla, e da normativa elaborada polo Concello.

-O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, cualificou onte o informe de Costas de «favorable con matices». Ao mesmo tempo, sinalou que o Concello seguirá defendendo os proxectos urbanísticos tal e como están ante Costas e ante a Dirección Xeral de Urbanismo. O tamén alcalde accidental asegurou que a próxima semana enviará á Xunta toda a documentación que reclamou sobre o PXOM.

-O Ministerio de Defensa, ao que en Vigo só lle queda a comandancia naval, si informou favorablemente o Plan Xeral.

Ningún comentario: