sábado, 17 de febreiro de 2007

AS ILEGALIDADES DE CORINA PORRO



Concedidas por Corina Porro, as licenzas municipales para urbanizar o centro comercial Gran Vía, o Tribunal Supremo as ilegaliza
.
O recinto inclúe tamén catro torres que totalizan máis de 300 vivendas
.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, eo concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, son os responsables da situación de ilegalidade da urbanización da Finca do Conde, na que se atopa o Centro Comercial Gran Vía.
De todas as actuacións declaradas ilegais en Vigo, ningunha ten uns responsables tan claros como esta, xa que tanto Corina Porro como José Manuel Figueroa foron os artífices deste proxecto ilegal. A historia no que se cualifica como a actuación ilícita, advertida, recorrida e evitable da historia de Vigo.
No ano 1997, o goberno municipal do Partido Popular o entón alcalde Manuel Pérez, con Corina Porro e José M. Figueroa como concelleiros, iniciou a tramitación do Plan Especial (PEPRI) Finca do Conde, para a urbanización da zona que incluía unha gran superficie comercial, contradicindo as directrices do plan xeral vixente.
Este Plan Especial recibiu numerosas denuncias e alegaciones, entre elas a da anterior Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial que dirixía José Cuiña. Aproin, Colexio de Arquitectos e cidadáns en xeral, tamén presentaron alegacions ao mesmo. Ademais, en marzo de 2003, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictó tres sentenzas que anulan o proxecto de urbanización por incumplir o uso residencial previsto no Plan Xeral.
No seguinte mandato, xa cun alcalde nacionalista, o BNG intentou nun principio anularlo. Esta vez topáronse co Consello Consultivo de Galicia, que o impediu. Ante iso Lois Castrillo seguiu adiante e antes de deixar o cargo concedeu licenza para os edificios de vivendas.
Ventura Pérez Mariño, alcalde socialista no ano 2003, intentou paralizar a licenza do centro comercial e ata renunciou temporalmente ás súas competencias para traspasarllas á Xerencia de Urbanismo. Foi unha das polémicas co BNG previas ao seu cese.
Finalmente, a licenza chegou con Corina Porro na alcaldía e o edil José Manuel Figueroa á fronte da área de urbanismo. Malia estas circunstancias, o actual goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola Alcaldesa Corina Porro, comezou en marzo de 2004 a outorgar as licenzas necesarias para a urbanización da Finca do Conde, que inclúe un centro comercial e dous edificios de 15 plantas, mentres que o Partido Socialista opúxose a cada unha destas concesións.
En decembro de 2006 o Tribunal Supremo dictó unha sentenza que confirma a nulidade do Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) da Finca do Conde, sen posibilidade de recurso, malia iso, o goberno municipal, coa Alcaldesa á fronte, seguiu adiante coas licenzas municipais.
O motivo polo que se anula esta actuación urbanística é precisamente a inclusión na mesma do centro comercial. No plan especial que a regula indícase que os terreos terán como uso característico o residencial. Posteriormente, no seu desenvolvemento incluíron-se o maior centro comercial de Galicia, cun recinto de 120.000 metros cadrados, 40.000 comerciais, un espazo construído moi superior ao que ocupan os ao redor de 300 pisos dos catro edificios que inclúe.

Ningún comentario: