Corina Porro paga 90.000 euros ao Faro pola "Historia de Vigo"
Próximas xa as eleccións municipais, C.Porro asinou a fins do ano 2006, un convenio co Faro de Vigo para a publicación por fascículos dunha Historia de Vigo promovida e producida por ese periódico. O Convenio contempla o pago ao Faro de Vigo da cantidade de 90.000 euros (eses 15 millóns de pesetiñas das de antes) procedentes do presuposto municipal -ou sexa dos nosos petos-.
A contía e participación do Concello neste "proxecto editorial" do "subvencionado" periódico local, recóllese na edición de hoxe do Faro no que se dá a na nova de saída deste coleccionable, como "colaboración", que se une (non sabemos en que contía) coa da Fundación Caixa Galicia.
Non dubidamos do interese da publicación desta histoira de Vigo nin do dereito do Faro a promover este proxecto cultural-comercial, pero a intervención económica do Concello de Vigo nunha actividade económica privada concreta (os 41 fascículos "regálanse" cos correspondentes periódicos do día, como "argumento" de venda) sen mediar os principios de publicidade e concorrencia que permitisen participar a outros medios (ou editoriais!) nese proxecto, supoñen, para nós, unha actuación canto menos irregular coa que se tenta eludir -mediante a fórmula de convenio- o disposto na lexislación vixente sobre contratación das administracións públicas e de subvencións.
Polo demais, unha moi oportuna ocasión para mimar ao decano da prensa española nestas datas tan significativas.
P.S. Non poido evitar transcribirlles o primeiro parágrafo da parte expositiva do "Convenio", unha aguda mostra do rigor (¿ou do humor?) co se manexan as xustificacións destas subvencións encubertas:
EXPOÑEN
.
Que o Concello de Vigo, ten gran interés na conservación e expansión da historia antiga e próxima da cidade.Faro de Vigo ten o proxecto de publicar a historia de Vigo en fascículos para facilitar o seu coñecemento á cidadanía. (...)
2 comentarios:
no todos estamos encontra y tambien somos vecinos se acabo la especulacion ole por la concejala
ESA GENTE QUE SE QUEJA LOS DEMAS TENEMOS DERECHO A UNA VIVIENDA Y LOS QUE IVAN A GANAR MUCHO AHORA GANAN MENOS
Publicar un comentario