María José Caride asegura que a Lei de Protección do Litoral impulsará a economía galega ao igual que sucedeu nas comunidades autónomas que xa aplicaron medidas similares
.
A conselleira de Política Territorial defendeu no Parlamento que a Lei de Medidas Urxentes freará as “situacións irreversibles” en materia urbanística no litoral galego

Destacou que a Lei defende os intereses “de todos os galegos, e non os de algúns particulares”

Anunciou que o seu departamento presentará este ano o Plan de Ordenación do Litoral
.-
..
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, defendeu hoxe, ante o Pleno do Parlamento, o proxecto de Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia como un instrumento “absolutamente prioritario” para garantir un desenvolvemento urbanístico sostible e ordenado na franxa dos 500 metros que é de competencia autonómica e evitar “situacións irreversibles”.
Durante a súa intervención, María José Caride puxo como exemplo os resultados económicos de medidas similares de protección do litoral levadas a cabo por outras Comunidades Autónomas como Asturias, Cantabria, Cataluña ou o País Vasco. Segundo dixo, medidas deste tipo “deron resultados tremendamente positivos á economía asturiana”, mentres pola contra, noutras zonas coma no Mediterráneo “agora os investimentos foxen para outros sitios”.
Neste senso, a titular da CPTOPT sostén que, lonxe de paralizar a economía galega, o obxectivo principal desta lei é “poñer en valor a costa, que é a nosa maior carta de presentación, e non estragala”.
Cómpre salientar que a Lei afecta ao 13% do chan urbanizable dos concellos costeiros e a menos do 1% de todo o chan urbanizable de Galicia, polo que, segundo Caride “non se paraliza nada, porque os concellos poden seguir crecendo fóra da franxa dos 500 metros”. “Queremos que Galicia creza hoxe, que poida crecer mañá e que creza para o futuro”, asegurou, polo que a Lei defende “os intereses de todos os galegos e non os de algúns particulares de Galicia e de fóra de Galicia”, insistiu.
A Lei, unha vez que sexa aprobada definitivamente polo Parlamento, terá un carácter transitorio ben ata que os concellos adapten o seu planeamento á normativa vixente (Lei do Solo), ou ben ata que entre en vigor o Plan de Ordenación do Litoral que, segundo anunciou a conselleira, se presentará este mesmo ano. A Lei 9/2002 establecía un período de tres anos para que os concellos adaptaran o seu planeamento, algo que non fixo ningún dos do litoral, agás o da Pobra do Caramiñal, que o adaptou recentemente. Polo tanto, no caso da Pobra, dita Lei non lle será de aplicación, segundo especificou María José Caride.
Así mesmo, durante a súa intervención, a conselleira de Política Territorial referiuse á creación do Instituto de Estudos do Territorio, previsto na Lei 9/2002 e que foi “voluntariamente incumprido por parte dos anteriores gobernos porque non había vontade política de axudar aos concellos no seu planeamento”, asegurou. Neste senso, animou aos concellos a que desenvolvan os seus planeamentos de acordo coa normativa co fin de garantir a seguridade xurídica e evitar situacións sen amparo legal. Segundo a conselleira, en moitos casos “non se acadan estándares de calidade e non se equilibran repartos de cargas”. Para María José Caride, hai que facer “cidades máis vivibles e un urbanismo máis sensato e acordo cos nosos proxectos vitais”.
Finalmente María José Caride agradeceu o consenso respecto ao texto e as aportacións realizadas pola Secretaría para o Territorio e a Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente, o resto de consellerías da Xunta, a Fegamp, a Confederación de Empresarios de Galicia as asociacións ecoloxistas Adega, Asociación Galega de Historia Natural a Federación EcoloxIsta Galega e Verdegaia. Así mesmo destacou que o texto foi sometido a informe do Consello Económico e Social, algo que non sucedeu no seu día coa Lei 9/2002 .

Ningún comentario:
Publicar un comentario