Política Territorial devolve ao concello de Vigo a documentación sobre o PXOM ata que sexa aprobada polo pleno
.
María José Caride lémbralle ao goberno local que a CPTOPT non pode legalmente resolver sobre o Plan sen que este sexa aprobado polo Pleno, xa que iso suporía “usurpar” as competencias municipais
María José Caride lémbralle ao goberno local que a CPTOPT non pode legalmente resolver sobre o Plan sen que este sexa aprobado polo Pleno, xa que iso suporía “usurpar” as competencias municipais
.
A titular da Consellería acusa ao goberno vigués de “contribuír á confusión da cidadanía”
A titular da Consellería acusa ao goberno vigués de “contribuír á confusión da cidadanía”
.
Criticou o cambio de postura do PP que en 2004 consideraba o informe desfavorable da Consellería como un “aval” e unha garantía de “seguridade xurídica”
Criticou o cambio de postura do PP que en 2004 consideraba o informe desfavorable da Consellería como un “aval” e unha garantía de “seguridade xurídica”
..
Santiago, 30 de marzo de 2007.- A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, lembroulle hoxe ao goberno vigués que o documento remitido polo Concello carece de validez legal, xa que, por lei, a Consellería só pode resolver unha vez que o Plan Xeral de Ordenación Municipal sexa aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación. Por iso, Política Territorial devolverá ao Concello a documentación recibida este mércores “para que non exista ningunha dúbida e non contribuír á confusión da cidadanía”.
María José Caride lembrou que tras a última reunión de traballo mantida cos representantes municipais, os técnicos da Consellería expresaron o seu convencemento de que aínda quedaba moito traballo por facer para corrixir as deficiencias do PXOM, fronte ao criterio municipal que unilateralmente decidiu que aquela era a última reunión. Por iso, a conselleira amosou a súa sorpresa ante a petición dun pronunciamento e a remisión do documento de traballo. “Sorpréndenos que se traslade á opinión pública que o Plan, corrixido, xa foi enviado á Consellería de Política Territorial, xa que ese documento non ten ningunha validez ata que sexa refrendado polos representantes políticos municipais no pleno da Corporación”, indicou a conselleira, para engadir que “non se pode confundir a ninguén nin usurpar as competencias que ten a Corporación municipal”.
A titular da CPTOPT reiterou a obriga legal de que o Concello de Vigo remita o PXOM tras a súa aprobación provisional no pleno xunto coa documentación completa que faltaba, como son os informes sectoriais ou o procedemento de Avaliación Estratéxica Ambiental así como todas as correccións que se sinalaron na Orde do 19 de xaneiro.
María José Caride lembrou que boa parte destas carencias detectadas en xaneiro xa estaban presentes dende 2004, cando a anterior Consellería do PP emitiu o informe previo a aprobación inicial. A conselleira preguntouse “qué fixo ata agora o Concello” para corrixir as deficiencias detectadas hai tres anos e se neste tempo os responsables municipais do PP de Vigo “estaban enredando”. Criticou tamén a actitude do entón titular da Consellería de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, que é o responsable do primeiro informe previo á aprobación inicial no que se sinalaban prácticamente as mesmas carencias do documento vigués. Así, a conselleira lembrou que en agosto de 2004, o entón conselleiro defendía o seu informe “en aras de lograr la máxima seguridad jurídica” era necesario corrixir “unha serie de carencias”, o mesmo obxectivo que ten a actual responsable: “É exactamente o mesmo que penso eu, o mesmo que se dixo en 2004, o criterio non cambia”, concluíu María José Caride.
Daquela, a propia alcaldesa de Vigo, Corina Porro, comprometíase a “acatar todas as resolucións da Consellería” e ter aprobado o Plan na primavera do 2005, e o seu concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, indicaba que as advertencias da Consellería sobre os erros do PXOM eran un “aval” que serviría para garantir a seguridade xurídica do Plan Xeral. Ese mesmo espírito do 2004 é o mesmo que a conselleira considera que debería prevalecer a día de hoxe, pero que non atopa nos responsables municipais vigueses, aos que ve máis preocupados pola proximidade das eleccións.
En calquera caso, María José Caride trasladou a disposición da CPTOPT para volver a celebrar novas reunións de traballo cos representantes municipais se eles o desexan, aínda que lembrou que Corina Porro se comprometeu a “acatar punto por punto e coma por coma” a Orde do 19 de xaneiro. Tamén reiterou o seu compromiso a resolver sobre o Plan no prazo dun mes, en vez dos tres meses que permite a lei, dende o momento en que o Concello o remita con todas e cada unha das correccións feitas, con toda a documentación preceptiva e vinculante e aprobado polo pleno da Corporación. Este esforzo en reducir ao máximo o tempo que a CPTOPT ten para resolver sobre o documento xurde do convencemento de que “Vigo e os vigueses necesitan un Plan. Necesitan un bo Plan. Necesitan un Plan con seguridade xurídica”.
1 comentario:
Esta conselleira tiene criterio y sabe lo que hace a pesar de las presiones a que la someten desde los medios y el concello, por no decír Toba, Castrillo y el Bng, aparte de Soto. Tenemos que respaldarla en su firmeza por la legalidad. Saludos. Javier Sieiro.
Publicar un comentario