venres, 15 de xuño de 2007

XABIER TOBA E O SEU PXOM


O BNG opta pola rama dura para pactar sobre o porto e o PXOM

XABIER TOBA, Pai político do PXOM, recupera o papel político (non será concelleiro) para defender o seu Plan Xeral

.
O BNG non ten présa, díxo por activa e por pasiva. E un exemplo diso é que botou man de dous perfís duros e da vella garda para negociar sobre as dúas materias que máis separaron a nacionalistas e socialistas todos e cada un dos días dos últimos catro anos.

Xabier Toba, pai político do Plan Xeral será o encargado de chegar a acordos coa forza que lle botou en cara apadriñar un modelo de cidade baseado unicamente nun desenvolvismo desmedido, sen ter en conta as necesidades reais da cidadanía.

Toba foi un dos edís do Bloque que máis cargou contra as condicións impostas desde a Xunta para dar o visto e prace ao Plan Xeral, descualificando ata aos técnicos autonómicos por considerar que se inmiscuían na autonomía municipal.

En fronte, na mesa negociadora de urbanismo, terá ao socialista Xulio Calviño, ao que os nacionalistas seguen vendo aínda como parte do equipo co que romperon no 2003, precisamente polo Plan Xeral. Ata agora mantivo posturas diametralmente opostas ao BNG en devandita materia.

Para discutir sobre o porto, o BNG confiará no dirixente que máis se significou nos últimos meses por oporse aos plans de ampliación do porto, chegando a asegurar que a súa formación non permitirá a ocupación nin dun milímetro máis da ría. López Font, traballador do porto desde o 92, será o defensor dos proxectos de, quen ao contrario que o BNG decidiu non tirar de banco para as novas comisións.
O triste de esta noticia e que o PSOE, tragará co o que lle vote o BNG, xa que esta formación ten moito que decir sobre o PXOM, ya que o mismo lles vai a vida.

1 comentario:

javier sieiro dixo...

Tranquilos que la Sª Conxelleira Caride no vá a dejar mangonear al Sr. Toba y la Ley prevalecerá. Confío en la Xunta pues lo ha demostrado por encima de todas esas fuerzas llamadas vvivas que más que nada son interesadas y especuladoras. Vigo tendrá un Plan legal o sino no tendrá más plan que el beneficio de Toba y Cia. Saludos. Javier Sieiro.