
A seriedade imprescindible
.
.
Alfredo Vara
.Primeiro mandamento: Non destruír a nosa terra con urbanismo salvaxe.
Segundo: Adaptar as leis e procedementos ao primeiro mandamento.
Terceiro: Non pisar os dereitos lexítimos dos cidadáns, incluídos os promotores.
Cuarto: Actuar con rapidez para evitar a consolidación dos danos, pero sen precipitación que bote por terra o intento.
Quinto: Actuar de forma contundente contra quens violen o primeiro mandamento, por acción directa ou por omisión dos deberes dos cargos públicos e funcionarios.
Sexto: Argumentar con solidez para que o xuíz poida ditar unha resolución solvente e xusta.
En materia tan delicada non podemos permitirnos o máis leve fallo. Xogámonos demasiado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario