sábado, 29 de setembro de 2007

INFORMES DA FINCA DO CONDE

O alcalde mostra tres documentos xurídicos de Urbanismo que aconsellaban paralizar as licenzas
.
Esixo ao PP responsabilidades políticas.
.
Alternativa Veciñal, esixe responsabilidades penais.
.
O alcalde, Abel Caballero, volveu onte contra os populares polas sentenzas do Tribunal Supremo que declararon ilegal o centro comercial Gran Vía e as torres da Finca do Conde. O rexedor compareceu para achegar documentación da Xerencia de Urbanismo que, segundo subliñou, demostra a "gravísima neglixencia" do goberno de Corina Porro ao non suspender as licenzas dos dous edificios de 15 plantas e a gran superficie.
"Dixeron que non había informes técnicos en contra. Era falso", recalcou mentres exhibía tres informes. Dous foron redactados en 2003 polos servizos xurídicos da Xerencia para valorar a repercusión das tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que, xa entón, anularan o plan da Finca do Conde aínda que non tiñan carácter firme. En ambos escritos aconsellábase suspender as licenzas das torres, xa concedidas, pola "responsabilidade patrimonial" que podería recaer no Concello se o Supremo, -como así ocorreu en decembro pasado-, confirmase os ditames xudiciais.
O PSOE, que entón gobernaba en coalición co BNG, pediu o 27de xullo e o 16 de outubro de 2003 a suspensión de licenzas no consello da Xerencia en base a sendos informes, pero a proposta foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do BNG. O terceiro informe que mostrou é a proposta de concesión de licenza para a construción do centro comercial, aprobada o 27 de febreiro de 2004 no consello da Xerencia. Esta última, aínda que favorable, fai alusión aos "prexuízos que se poderían ocasionar se o Tribunal Supremo dese firmeza ás sentenzas" que declararan nula a ordenación da parcela.
"Actuaron con escurantismo e empezan a inquietarse con razón porque xa empeza a coñecerse o que ocorreu", afirmou o alcalde, para agregar: "Se non se legaliza Finca do Conde, o Concello pecharía as portas bastantes anos".
.
Que ten que dicir o BNG, con respecto ás torres construídas? ¿o Sr. Castrillo e o Sr.Toba non teñen nada que dicir? ¿e a xustiza que ten que dicir destes mamotretos que non se tiran, e as vivendas dos pobres si? ¿realmente isto é democracia?
Se de verdade existe a democracia, a xustiza ten que porse a traballar e ordear as derribas ilegais e pedir responsabilidades penais aos políticos corruptos.

Ningún comentario: