domingo, 30 de setembro de 2007

CONSULTORA GALEGA



A concelleira Carmela Silva e Julia Chamosa, xerente de Urbanismo mantiveron onte a primeira reunión co equipo redactor do PXOM, Consultora Galega.

Segundo as fontes consultadas, neste encontro transmitíronlles as demandas do goberno local para que se introduzan cambios no documento con toda urxencia a fin de que poida aprobarse en pleno antes de finais de ano.

Estas fontes aseguran que no seo de Consultora Galega existen posturas contrarias ás demandas. Argumentan que cumpriron o contrato de adxudicación do PXOM de fai sete anos e que os novos encargos superan as súas obrigacións.

No caso de que o equipo redactor non imprima celeridade ao seu labor o goberno municipal non poderá cumprir o seu compromiso de dar vía libre ao documento urbanístico en 2007.


Consultora Galega, segue nas súas trece de crear un PXOM ilegal, insostible e caduco, con tal de pagar favores pola redacción do PXOM.

Serve ao ditado do BNG e do PP, e en concreto, as ordes do Sr. Toba, Sr. Rivas e do Sr. Figueroa, (casi nada)

Ningún comentario: