luns, 24 de setembro de 2007

LEXISLACIÓN URBANÍSTICA

Os Concellos e a Xunta imcumpren todos os prazos que dita a lexislación urbanística galega.
.
.
.
A falta dun trimestre para que a Lei de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural 9/2002 cumpra o primeiro lustro, nin a Xunta nin a práctica totalidade dos concellos poden presumir de cumprir co calendario que se estableceu nesa lexislación para a posta en marcha das principais medidas deseñadas co obxectivo de preservar a paisaxe do caos urbanístico. A pesar de que todos os procesos están en marcha, coa previsión de que esas ferramentas poidan aplicarse a curto ou medio prazo, todos os prazos pasáronse con folgura.
.
Directrices do territorio
.
Segundo a Lei 9/2002, as directrices deberían elaborarse nun ano desde a súa entrada en vigor. Ese prazo finalizou o 1 de xaneiro do 2004, pero o Goberno anterior deixounas pendentes e Galicia segue aínda sen directrices de ordenación do territorio. A Xunta espera presentalas e sometelas a aprobación antes de que finalice este ano.
.
Ordenación do litoral
.
O plan integral para ordenar o desenvolvemento na costa terá un percorrido paralelo ás directrices do territorio, aínda que as expectativas para a súa aprobación esténdense neste caso ao primeiro semestre do 2008. Se se cumpre ese calendario, o plan do litoral comezaría a aplicarse tres anos despois do prazo establecido na Lei 9/2002, que rematou en xaneiro do 2005.
.
Planeamentos
.
É a maior incógnita. O prazo marcado pola lei autonómica finalizou en xaneiro do 2006, pero só 17 concellos contan con plans adaptados. Deles, só dous costeiros, A Pobra do Caramiñal e Zas, contan con planeamentos listos para recibir a aprobación definitiva..
La Voz

Ningún comentario: