PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO
.Consultora Galega entregou o pasado 3 de outubro un informe no que se contesta un por un a todos os requirimentos realizados pola Concellería de Urbanismo, e no que se advirte de que algunhas das modificacións solicitadas supón unha revisión do Plan que levarían polo menos catro meses de traballo.
.Así, con respecto á prioridade marcada polo alcalde de ampliar ao 40 por cento o chan para vivenda pública, a empresa recorda que ese cambio require que se volva a calcular o resultado económico de cada área de repartición de cargas porque se altera o equilibrio financeiro do planeamento e que haxa que "refacer necesariamente" todas e cada unha das 409 pezas do PXOM.
.Segundo a empresa, unha modificación deste calado obrigará a unha nova exposición pública e a unha revisión do documento, porque a ampliación dos prazos traerá como consecuencia unha necesaria adaptación á nova lexislación estatal e autonómica, así como o inicio "esta vez si" da avaliación estratéxica ambiental. "Seis anos despois volveriamos ao momento cero", sentenza Consultora no seu informe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario