domingo, 4 de novembro de 2007

KONRAD LORENZ, PREMIO NOBEL

OS OITO PECADOS MORTAIS DA HUMANIDADE CIVILIZADA

ASOLAMENTO DO ESPAZO VITAL

Así pois, a humanidade civilizada encamíñase por si soa cara á súa ruina ecolóxica mentres asola, con obcecación e vandalismo, a Natureza quele circunda e nutre. Talvez recoñeza os seus erros cando senta por vez primeira as secuelas económicas de tal actitude, pero enton probablemente será demasiado tarde. Con todo, o que menos percibe é o dano causado á súa alma no curso dese bárbaro proceso. A ruindade estética e ética da civilización actual é imputable, en gran medida, ao distanciamento xeneralizado e acelerado da natureza viva.
¿Ónde encontrará inspiración o home da xeración futura para respectar isto ou aquilo, se todo canto ve no torno seu é obra humana, e por certo, unha obra humana excepcionalmente sórdida e disforme? Ata o firmamento estrelado ocúltase á mirada do cidadán cos rascacielos e o enrarecimento químico da atmosfera. Por consiguinte, non é nada estrano que o progreso civilizador leve como cortexo un afeamento deplorable da cidade e do campo.
Evidentemente, os sentimentos estéticos e éticos están moi vinculados entre si, e os homes que deben vivir nas condicións susodichas sufren de xeito evidente unha atrofia de ambos. Tanto a beleza da Natureza como a do medio ambiente cultural creado polos humans son ostensiblemente necesarias para manter a saúde moral e espiritual dos homes. A cegueira anímica total para todo canto sexa belo ¿o que propágase hoxe con suma rapidez por todas as partes é unha enfermidade mental cuxa gravidade acentuarase irremediablemente porque vai asociada a unha vituperable insensibilidade ante todo o ético.
As consideracións estéticas non representan o menor papel para quens han de decidir se convén construír unha estrada, unha central eléctrica ou unha fábrica, a presenza da cal destruirá para sempre a beleza de toda unha comarca. En todos os cargos administrativos dende o alcalde da localidade máis modesta ata o ministro de Economía dun gran Estado, impera o criterio unánime de que non está permitido facer sacrificios económicos -nin políticos sequera- á beleza natural. O escasos protectores da Natureza e os científicos que albiscan o inminente desastre permanecen inermes. O proceso subsiguinte se repite con exasperante frecuencia: algunhas parcelas pertencentes a comunidade e situadas arriba, no bosque, adquirirían un interesante valor de venda se unha estrada conducise ata elas; así pois, se aprisiona en tuberías o encantador arroyuelo que serpentea pola aldea e se endereza e cubre o seu curso, tras o cal o marabilloso camiño aldeano queda transformado nunha espantosa estrada comarcal.

Ningún comentario: