mércores, 23 de xaneiro de 2008

ARTURO PÉREZ REVERTE

Pérez-Reverte: ´Os españois somos violentos, malditos e de rifa fácil´
.
."Fernando VII foi o maior fillo de puta que gobernou España".
.
Os españois somos violentos, crueis, envexosos, malditos e de rifa fácil". Así se expresaba o escritor Arturo Pérez-Reverte ao fío da súa última novela, "Un día de cólera", un relato documental polo que desfilan medio milleiro de personaxes reais da sublevación contra as tropas napoleónicas do 2 de maio de 1808.
O novelista utilizou o cadro "A carga dos mamelucos", de Goya, para explicar o seu parecer ao redor da revolta que deu orixe á Guerra da Independencia contra os franceses (1808-1814).
"Son incultos, defenden a un rei infame, a unha España atrasada e a unha Igrexa caduca -resaltou, en referencia aos cidadáns do cadro que asaltan aos franceses nas súas monturas- Pero non podo evitar admirar o valor". "Ás veces quéimame o sangue este país maldito, pero aínda así ás veces véxome conmovido", engadiu.
Non foi a do xenial pintor aragonés a única obra pictórica que foi obxecto de comentario durante a charla, conducida por Manuel Anxo Candeas, profesor de Literatura Española da Universidade de Vigo. Sobre "O triunfo da morte", de Pieter Brueghel, O Vello, asegurou que foi o que lle animou a ser reporteiro. "Eu quería ir ao fondo dese cadro", dixo, logo de explicar que se criou entre pinturas e que sempre se interesou pola xente misteriosa que ocupaba o último plano das escenas pictóricas, como a tropa de "A rendición de Breda" ("As lanzas"), de Velázquez: "Os xenerais saen en primeiro plano, son como os políticos da época que queren saír na foto; en cambio, a xente que facía o traballo sucio, que sufría e que morría, saía ao fondo. Fíxenme reporteiro para irme ao fondo dos cadros que vía de pequeno"...
.

Ningún comentario: