martes, 22 de xaneiro de 2008

O PSOE, É UN MERCADOR

O 29 de decembro pasado, no pleno para aprobación do PXOM, a Casa do Concello que é o templo da Democracia, foi profanado polos mercadores do século XXI. Animados únicamente polo lucro, desalmados disfrazados de gobernantes, políticos, militantes, funcionarios, promotores inmobiliarios e constructores converteron ese templo nun mercado. Nas súas capelas se comercia con anacos dunha terra sagrada: "Galicia".
Seriamos cómplices se calásemos. Seriamos cobardes se non interviñésemos. Caería sobre o noso pobo unha maldición se non o impedísemos.

Alternativa Veciñal

Ningún comentario: